El Heraldo Gallego (1913)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Heraldo Gallego.
El Heraldo Gallego foi un xornal galego que se editou en Ourense entre 1913 e 1914.
El Heraldo Gallego | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu a finais de novembro de 1913, tralo peche de Heraldo de Galicia, ao que veu a substituír. Promovido por Basilio Álvarez e dirixido por Manuel Lustres Rivas, o seu redactor-xefe era Joaquín Núñez de Couto. Foi un periódico de tendencia agraria, órgano de Acción Gallega. En 1914 o enfrontamento de Basilio Álvarez coas autoridades ourensás e co bispo Eustaquio Ilundáin fixo que El Heraldo Gallego e o seu director caeran baixo o peso das denuncias e as constantes causas xudiciais.