Manuel Lustres Rivas

xornalista español

José Manuel Antonio Lustres Rivas, nado en Ribeira o 14 de xaneiro de 1888 e asasinado en Redondela o 10 de novembro de 1936, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Lustres Rivas
Nacemento14 de xaneiro de 1888
Lugar de nacementoRibeira
Falecemento10 de novembro de 1936
Lugar de falecementoTrasmañó
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
Na rede
Galiciana: 275296
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo do piloto de buque mercante José Lustres Gómez e de María Rivas Otero, trasladouse a Compostela para estudar medicina. Alí fixo amizade con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e participou nos faladoiros do Café Colón.

En 1906 comezou a colaborar en El Miño. En 1907 comezou tamén en Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa, e publicou tamén artigos na Gaceta de Galicia de Compostela. Foi director de El Heraldo Gallego.

En 1915 marchou a Madrid. Foi redactor de El Parlamentario e colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. En 1918 volveu ao país e colaborou en La Concordia de Vigo ata 1922. En xullo dese ano dirixiu o semanario Acción Viguesa. O ano seguinte foi nomeado redactor xefe do xornal vigués Galicia. Diario de Vigo. Despois de deixar a redacción emigrou á Arxentina, aínda que seguiu a colaborar co xornal enviando crónicas daquel país. Regresou a Galiza e foi redactor en Faro de Vigo e noutros medios.

Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido nas instalacións de Faro de Vigo e encarcerado na illa de San Simón. Foi asasinado o 10 de novembro de 1936,[1] e o seu corpo sen vida apareceu no Alto da Concheira, na parroquia de Trasmañó, Redondela. Os seus restos descansan no Cemiterio de Pereiró.

Obra Editar

 
De pé, de esq. a der.: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez, Laureano Domínguez e Manuel Lustres. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero e Blas Agra.[2]

Reuniu os seus ensaios no volume Pandemonium (1917) e publicou no folletón de La Correspondencia de España de Madrid a narración La fraticida. Porén, o teatro ocupou maior espazo na súa nómina de publicacións. En 1923 estreou en Vigo, en colaboración con Ramiro del Valle, a comedia en dous actos La hora grande. Con Ramón Fernández Mato estreou outra comedia, Peregrino de la ilusión.

En galego publicou artigos en xornais e revistas como A Nosa Terra.

Notas Editar

  1. Blas, Ceferino de (10/11/2016). "Lustres Rivas, una muerte que lo hermana con Lorca". Faro de Vigo (en castelán). 
  2. Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar