Avelino Rodríguez Elías
Avelino Rodríguez Elías, nado en Afife (Portugal) en 1872 e finado en Asunción (Paraguai) o 13 de febreiro de 1958, foi un escritor e xornalista galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 ![]() Afife, Portugal (pt) ![]() ![]() |
Morte | 13 de febreiro de 1958 ![]() Asunción, Paraguai ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de nai galega, naceu en Portugal, pero trasladouse a Vigo, onde dirixiu La República e colaborou en Faro de Vigo e El Eco de Puente-Caldelas, foi director da revista Ecos de Vigo e de El Puerto de Vigo (1923). Foi cronista da cidade entre 1926 e 1936.
Foi autor de moitas iniciativas a prol da cidade de Vigo: promotor da creación do corpo de bombeiros, da Cruz Vermella; pediu a creación do museo de Castrelos en 1909 e, en 1926, presentou un proxecto para cumprir tal obxectivo; reivindicou o escudo da cidade e foi o primeiro que demandou a creación do estadio de Balaídos[Cómpre referencia].
No verán de 1936 tivo que fuxir de Vigo, vía Portugal, rumbo ao exilio en Paraguai. Á súa chegada a Asunción comezou a escribir para o xornal El País.
Obra
editarAutor dunha obra numerosa entre a que destacan traballos históricos sobre Rande e a Reconquista de Vigo. Tamén cultivou o teatro en galego escribindo un feixe de once pezas teatrais de diferente composición e estruturas diversas (comedia, entremés, alegoría, monólogo): Os catros túneles, O embargo (1911), O miñato e mais a pomba (1913), O trunfo da muiñeira (1914), ¿Cásome ou non me caso?, San Antón o casamenteiro (1920), O sobriño do abade (1927), O garda Mor (1929), O pano amarelo, A tixeira da vida e A venganza do sultán. Moitas delas foron representadas polo Real Coro Toxos e Flores, e apareceren reunidas en 1930 co título Obras teatrales galegas.
- O retabro da capela maior da Eirexa Colexiata de Baiona.
- La Reconquista de Vigo en 1809: juicio crítico e histórico, 1916.
- La escuadra de plata, 1935.
- El Museo de Bellas Artes y la Biblioteca Americana Juansilvano Godoi, 1940.
- Mujeres de todos los tiempos, 1945.
- Contos do turreiro e outros relatos.[1]
- Historia de Vigo (inédita).
Notas
editar- ↑ Contos do turreiro Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humamidades, 2010, 582 px.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avelino Rodríguez Elías |
Bibliografía
editar- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 212.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 380. ISBN 84-7492-465-0.
- González Martín, Gerardo (2006). Paixón por Vigo. Vida e obra do cronista Rodríguez Elías. Vigo: Instituto de Estudos Vigueses. ISBN 84-89599-32-7.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Predecesor: Nicolás Taboada Fernández |
Cronista de Vigo 1926 - 1936 |
Sucesor: José Espinosa Rodríguez |