Jaime Solá

escritor e xornalista galego

Jaime Solá Mestre, nado en Vigo o 11 de setembro de 1874 e finado en Vigo o 9 de xaneiro de 1940, foi un escritor e xornalista galego.

Jaime Solá
Jaime Solá, retrato en Vida Gallega, 1929.
Nacemento11 de setembro de 1874
Lugar de nacementoVigo
Falecemento9 de xaneiro de 1940
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e escritor
XénerosNarrativa, poesía, teatro
Na rede
Galiciana: 29781
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Redacción de Vida Gallega en 1909. José Gil Gil, Juan Tato Lens, Jaime Solá, Julián García Larrú e Julián Iglesias.

Foi sobriño do tamén xornalista Luis Antonio Mestre e viviu no Grove na súa infancia. A súa nai foi herdeira dunha parte do Gran Hotel da Toxa en 1891.

Estudou Dereito en Santiago de Compostela e Valladolid, pero profesionalmente dedicouse ao xornalismo. En 1903 mercou o xornal El Independiente de Vigo, que pasou a chamarse Noticiero de Vigo. Pasou un tempo en Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo e colaborou noutros xornais. Dirixiu as revistas Poquita Cosa e Vigo Juvenil.

 
De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo.[1]

A súa contribución máis importante foi a revista Vida Gallega, que dirixiu dende a súa creación en 1904 ata o final da súa segunda época en 1938. Desde as páxinas de Vida Gallega fixo unha clara promoción do complexo hoteleiro da Toxa, sendo accionista da sociedade anónima que o xestionaba. Tamén dirixiu o semanario satírico Don Verdades.

Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.

Obras editar

Narrativa editar

  • Cuentecillos, 1894.
  • La mala sombra, 1895.
  • El alma de la aldea, 1918.
  • Ramo cativo. El Ribeiro de Avia, 1918.
  • El otro mundo, 1919.

En Vida Gallega apareceron os relatos: Anduriña (1917), Diablillo (1920-21) e Mis memorias.

Poesía editar

  • Todo malo, 1895.
  • El nacer de un día, 1919.

Teatro editar

  • El Diputado.

Notas editar

  1. Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar