Blas Agra Mancebo

xornalista galego

Blas Agra Mancebo, finado en Vigo o 31 de maio de 1957, foi un xornalista galego.

Blas Agra Mancebo
Blas Agra Mancebo 1933.jpg
Blas Agra, retrato en Vida Gallega, 1933
Falecemento31 de maio de 1957
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
FillosElena Agra Cambón
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra. Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e na Escola Normal de Mestres. Nos anos de estudante colaborou en Gaceta de Galicia e foi director de El Ciclón. A principios do século XX trasladouse a Vigo e foi redactor de Noticiero de Vigo. Logo foi redactor, redactor-xefe, e despois director (1944-1949) de Faro de Vigo. Colaborou en Martín Codax. Foi un dos fundadores da Asociación da Prensa de Vigo en 1907. Foi conselleiro Nacional de Prensa.

RecoñecementosEditar

  • Medalla ao Mérito do Traballo en 1945.
  • Xornalista de honra, outorgado polo Ministerio de Información en 1952.[1]

Vida persoalEditar

Casou con María Cambón e foi pai de Elena Agra Cambón.

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 20-7-1952, p. 2.



 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.