Gaceta de Galicia
Gaceta de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1879 e 1918.[1]
Gaceta de Galicia | |
---|---|
Exemplar do 16 de xullo de 1885. | |
Fundación | 1 de xaneiro de 1879 |
Remata | 30 de novembro de 1918 |
Propietario | Manuel Bibiano Fernández |
Director | Manuel Bibiano Fernández Joaquín Arias Sanjurjo Manuel Álvarez Uzal Antonio Fernández Tafall |
Colaboradores | Valentín Paz-Andrade |
Tendencia | monterista |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Periodicidade | diario |
Predecesor | El Diario de Santiago |
Sucesor | El Noticiero Gallego |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 1 de xaneiro de 1879, como continuación de El Diario de Santiago,[1][2] con Manuel Bibiano Fernández como propietario e primeiro director. Foi un periódico de orientación política liberal vinculado a Eugenio Montero Ríos,[1] polo que foi cualificado de "monterista". En 1887 dirixiuno Joaquín Arias Sanjurjo e ao ano seguinte Manuel Álvarez Uzal. Foi o seu redactor xefe Eusebio Alonso Vieites. Dende o 30 de decembro de 1892 exerceu como director Antonio Fernández Tafall. Cesou a súa publicación en outubro de 1915 pero reapareceu de inmediato, o 1 de febreiro de 1916, refundido con Voz del Pueblo e con Ramón Rivera Torres como propietario e director. En novembro de 1917 pasa a dirixilo o avogado Francisco Vázquez Enríquez, e comezan as colaboracións de Valentín Paz-Andrade. O 30 de novembro de 1918 desaparece definitivamente. Foi substituído por El Noticiero Gallego.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Villares, R. (2003). "A cidade dos dous apóstolos (1875-1936)". Historia da cidade de Santiago de Compostela. USC. pp. 465–542. ISBN 84-9750-140-3.
- ↑ Durán, J. A. (2005). "Gaceta de Galicia". GEG (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaceta de Galicia |
Bibliografía
editar- "Gaceta de Galicia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Palomares, J. M. (1983). "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (UVa) (4): 391–430.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra Fernández, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega II. Editorial Galaxia. p. 201-203. ISBN 84-8288-137-X.