Antonio Fernández Tafall
xornalista español
Antonio Fernández Tafall, nado en Santiago de Compostela en 1869 e finado en Madrid o 27 de febreiro de 1936, foi un xornalista e escritor galego.
Antonio Fernández Tafall | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1869 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 27 de febreiro de 1936 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Manuel Bibiano Fernández, co que colaborou en diversas ocasións e ao que sucedeu o 30 de decembro de 1892 na dirección de Gaceta de Galicia,[1] fundou outra imprenta á marxe da do pai en colaboración co seu irmán José. Dirixiu tamén El Alcance (1892)[2] e colaborou no periódico La Colonia Gallega, voceiro da colectividade galega da Arxentina, que apareceu en 1914. Escribiu os dramas Perlas del arroyo, que se estreou en 1906, e El estudante de Armenteira. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
NotasEditar
- ↑ Villares, Ramón: "A cidade dos dous apóstolos (1875-1936)", p. 465-542 en Historia da cidade de Santiago de Compostela USC, 2003.
- ↑ El Alcance en Galiciana.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Fernández Tafall |
BibliografíaEditar
- "Fernández Tafall, Antonio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 68.
- Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (Universidad de Valladolid) (4): 391–430.