La Colonia Gallega

La Colonia Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires en 1914.

Historia e características editar

Subtitulado Periódico de la tarde. Órgano de la Colectividad y Sociedades de su nombre en la República Argentina, apareceu o 23 de maio de 1914. Fundado e dirixido por Fortunato Cruces, entre os seus colaboradores figuraron Basilio Álvarez, P. Ruiz, Adolfo León Gómez, J. J. Lloret, Antonio Fernández Tafall, Manoel o Coxo e Chucho de Canedo. Publicación de información xeral, incluíu noticias de Galicia e da colectividade e das Sociedades de emigrantes.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar