Galiciana

biblioteca dixital de galicia

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. A súa xestión corre a cargo da Biblioteca de Galicia e ten como misión difundir e preservar o patrimonio documental e bibliográfico galego.[1] Está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.[2]

Galiciana
Logo
Tipobiblioteca virtual
Campo de traballoGalicia
Data de fundación1999
PaísEspaña
42°52′14″N 8°31′39″O / 42.870615, -8.527523
Na rede
http://biblioteca.galiciana.gal
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Biblioteca de Galicia.

O CSBG (Centro Superior Bibliográfico de Galicia), que posteriormente pasou a ser a Biblioteca de Galicia, comezou os seus traballos no ano 1986.[3] Creouse de forma oficial no ano 1989 e cumpre as funcións de Biblioteca Nacional a nivel autonómico.[4] O seu proxecto de dixitalización iniciouse no ano 1997, coa dobre finalidade de salvagardar materiais únicos e facilitar a súa difusión e o acceso aos mesmos. A partir do ano 1999 fíxose posible o acceso á súa base de datos a través de Internet.[5] En outubro de 2008 desenvolveuse a nova versión da plataforma, e así naceu Galiciana, un repositorio OAI cuxos metadatos poidan ser colleitados por Hispana e agregados a Europeana, OAIster e ROAR.[6]

Obxectivos

editar

A creación e obxectivos da Biblioteca Dixital de Galicia están estreitamente relacionados coas circunstancias específicas de creación do CSBG:

  • Non contar con fondo histórico
  • Non dispor dun espazo físico axeitado para o almacenamento e custodia do depósito legal
  • A existencia de coleccións de gran valor dispersas xeograficamente por todo o territorio galego e a imposibilidade de reunilas a todas nun mesmo lugar.

Por todo isto decídese dixitalizar os fondos dispersos pola comunidade galega e crear unha biblioteca dixital cuxas funcións serán dar a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e cumprir os estándares para que a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes sexa posible.[7]

Descrición

editar

A biblioteca dixital de Galicia ofrece, ademais da referencia bibliográfica dos impresos a posibilidade de acceder a documentos dixitalizados de gran parte do Patrimonio Bibliográfico Galego ou de interese para Galicia. Esta dixitalización cumpre a aplicación das últimas directrices e estándares nacionais e internacionais co fin de normalizar o acceso.[8]

Contido

editar
  1. "A Memoria Dixital de Galicia amósase ao mundo a través de Galiciana.gal". Código Cero. 11 de decembro de 2017. 
  2. BNE. "Otras hemerotecas digitales". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  3. "Biblioteca Digital de Galicia (Galiciana)". Presentada en la Jornada de Difusión de la Biblioteca Digital Mundial de la Unesco en la Biblioteca Nacional de España (BNE). xuño de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  4. "Ley 14/1989 de Bibliotecas de Galicia". 1989. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  5. BUJÁN NUÑEZ, José Daniel. "El Centro Superior Bibliográfico de Galicia" (PDF). Boletín de la ANABAD, ISSN 0210-4164, Tomo 50, Nº 3-4, 2000 , paxs. 259-270. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  6. Biblioteca de Galicia (2011). "Directrices para proyectos de digitalización en Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2014. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  7. Galiciana. "Presentación". Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  8. Hispana. "Galiciana". Consultado o 28 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar