Francisco Vázquez Enríquez

avogado, xornalista e político galego

Francisco Vázquez Enríquez, finado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1951[1], foi un avogado, xornalista e político galego.

Francisco Vázquez Enríquez
Falecemento29 de novembro de 1951
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1903 dirixiu La Emancipación de Noia. Foi Xuíz municipal de Outes (1908-1909). En novembro de 1917 dirixiu Gaceta de Galicia. Colaborou en A Nosa Terra. Foi candidato das Irmandades da Fala para as eleccións de 1918 polo distrito de Noia fronte a Eduardo Gasset Neira, pero foi derrotado. Foi proclamado deputado provincial polo distrito de Negreira-Corcubión en 1921[2], foi incapacitado e suspendido no cargo en marzo de 1923, pero o acordo foi revogado en novembro[3]. Tamén foi candidato a deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1923[4]. Instalado como avogado en Santiago de Compostela, en 1931 foi elixido presidente do comité provisional da Agrupación Nazonalista de Santiago. En 1934 foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela e deputado provincial. Foi xefe superior de Administración civil.

 
Francisco Vázquez Enríquez, 1921.


Predecesor:
Raimundo López Pol
  
Alcalde de Santiago
 
1934 - 1936
Sucesor:
Ánxel Casal

Vida persoal editar

Casou con María de la Concepción Méndez-Brandón Bartolomé e foi pai de Fernando Vázquez Méndez.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Noche, 30-11-1951, p. 5.
  2. El Compostelano, 6-6-1921, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 10-11-1923, p. 1.
  4. El Ideal Gallego, 27-4-1923, p. 1.