La Emancipación (Noia)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Emancipación.
La Emancipación foi un periódico editado en Noia entre 1903 e 1905.
La Emancipación | |
---|---|
Localidade | Noia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu en abril de 1903[1] coa lenda Se publica una vez por semana. A partir de 1905 a cabeceira tiña a lenda Se publica dos veces al mes e incluía o nome do director Francisco Vázquez Enríquez. Tiña noticias de carácter local e colaboracións literarias de Victoriano García Martí e Heraclio Pérez Placer (o seu poema en galego "Parrafeo").
Notas
editar- ↑ El Eco de Galicia, 30-5-1903, p. 8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.