Abrir o menú principal

Raimundo López Pol

comerciante e político galego

Raimundo López Pol, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1958,[1] foi un comerciante e político galego.

Raimundo López Pol
Nacemento1877
 Santiago de Compostela
Falecemento19 de setembro de 1958
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncomerciante e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Figura da artesanía compostelá, foi escultor na súa xuventude. Dedicouse ao comercio. Foi presidente do Centro Republicano compostelán durante a monarquía e concelleiro de Santiago de Compostela dende 1911. Foi elixido alcalde de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de abril de 1931. Militante da ORGA, en xullo de 1932 convocou unha asemblea de municipios de toda Galicia para a elaboración do proxecto de Estatuto de Galicia (1932). Foi cesado como alcalde en novembro de 1934.[2] Foi un dos fundadores do Partido Nacional Republicano do que foi elixido presidente do comité local de Santiago de Compostela en maio de 1935.[3] Nas eleccións de febreiro de 1936 concorreu na Candidatura Republicana de Centro e Coalición que encabezaba Manuel Iglesias Corral pero non foi elixido. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu multas e foi desterrado. Permaneceu tres anos en Cuba, retornando a Santiago de Compostela en xullo de 1939.[4]


Predecesor:
Felipe Gil Casares
  
Alcalde de Santiago
 
1931 - 1934
Sucesor:
Francisco Vázquez Enríquez

Vida persoalEditar

Foi pai de Manuel López Garabal.

NotasEditar

  1. La Noche, 20-9-1958, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 19-11-1934, p. 1.
  3. El Compostelano, 10-5-1935, p. 2.
  4. El Compostelano, 24-7-1939, p. 2.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar