Abrir o menú principal

A Nosa Terra (1916)

PeriodicidadeEditar

A Nosa Terra tivo unha periodicidade moi variábel. Comezou publicándose decenalmente para pasar a saír quincenalmente até a Ditadura de Primo de Rivera, na que saíu mensualmente. En xuño de 1933 regresou á periodicidade decenal.

HistoriaEditar

O primeiro número saíu o 14 de novembro de 1916 na Coruña e contaba con oito páxinas. Na súa etapa coruñesa, a redacción e administración desta publicación estaba no despacho que tiña no Cantón Grande o avogado e escritor Xosé Iglesias Roura[2], que foi o seu primeiro director.[3] Antón Villar Ponte foi o seguinte director até a IV Asemblea das Irmandades da Fala (1922). A partir de entón Víctor Casas será quen leve o peso real da dirección, aínda que nominalmente foron directores Leandro Carré Alvarellos, Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesia Alvariño en 1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934. O 1 de febreiro de 1932, pouco despois do nacemento do Partido Galeguista, converteuse no seu voceiro oficial e a redacción trasladouse a Pontevedra. En xuño de 1933 deixouse de publicar durante algún tempo por dificultades financeiras.

En 1917 contaba con 2 000 subscritores, en 1931 con 500 e en 1935 con 1 000, aínda que se descoñece a tiraxe exacta. Os recursos económicos da publicación proviñan das subscricións, da publicidade, das doazóns dos galegos de América e das Irmandades da Fala primeiro e o Partido Galeguista despois.

O 17 de xullo de 1936 saíu o seu derradeiro número.

ColaboradoresEditar

NotasEditar

  1. McKevitt, Kerry Ann. “Os nosos irmáns: intercambios literarios entre a Xeración Nós e as Irmandades da Fala coas literaturas peninsulares (1918-1936)”. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. "Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península". Barcelona. 28 ó 31 de maio de 2003. Ed. de Helena González e M. Xesús Lama. Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona), 2007. ISBN 978-84-8485-266-7.
  2. Casas Rey, Víctor (1935). "Historia sintética do boletín A NOSA TERRA" (PDF). Nós (139-144): páx. 183–185. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  3. González Beramendi, Justo (1996). O nacionalismo galego. Vigo: Edicións A Nosa Terra, páxina 97. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar