Roberto Blanco Torres
Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en San Fiz de Galez, Entrimo, o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.
Roberto Blanco Torres | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Roberto María Blanco Torres |
Nacemento | 18 de marzo de 1891 |
Cuntis | |
Falecemento | 3 de outubro de 1936 45 a. |
Galez, Entrimo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | (sen formación universitaria) |
Ocupación | xornalista |
Cónxuxe | Xulia Sánchez Novoa |
Fillos | (non tivo) |
Debut | 1907 |
Movemento | agrarismo - galeguismo |
Xéneros | Poesía, xornalismo |
Influencias | Basilio Álvarez, Antón Villar Ponte [1] |
Organización | Irmandades da Fala |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.
TraxectoriaEditar
Os seus pais foron Pedro Blanco Iglesias (despois chamado Pedro Blanco de Crespo)[a] sacerdote dispensado, natural de Donramiro, Lalín, e Carmen Torres Fuentes, mestra.[2] Roberto foi o menor de nove irmáns. Seu pai deulle unha sólida cultura clásica. Seguindo os pasos dos seus irmáns maiores Segismundo e Nuño, trala morte dos seus pais, en 1906, emigrou a Cuba. Alí comezou a colaborar na prensa da comunidade galega, para o que empregou o pseudónimo de Fray Roblanto. O trato con Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas foron decisivos para a súa traxectoria ideolóxica.
Publicou dous poemas de amor en galego ("Dous toliños" e "O amor") e un artigo ("¡Intolerable!") no semanario Follas Novas da Habana en setembro de 1907. Tamén colaborou con Santos e Meigas, Suevia e Galicia. Durante eses anos entrou en contacto, tamén, con Waldo A. Insúa, Virxilio Blanco e o mestre Chané.[3]
En 1910 apareceu o seu primeiro artigo na prensa galega, na revista Vida Gallega. No mes de decembro de 1911 dirixiu a revista bilingüe La Alborada, colaborou en La Región Gallega (1913) e dende abril de 1915 dirixiu La Tierra Gallega, dende onde atacou a algúns dos administradores do Centro Gallego de La Habana, ao tempo que colaboraba na prensa cubana, en especial no Diario de la Marina e El Comercio. Así mesmo enviou artigos desde A Habana a outras publicacións americanas (a arxentina Suevia, por exemplo) e peninsulares (Vida Gallega, La Publicidad e La Tribuna) .
A fins de 1916 regresou a Galicia, onde coñeceu ao cura José Toubes Pego, un dos fundadores de El Ideal Gallego. Estableceuse na Coruña. Participou nas Irmandades da Fala e a comezos de abril de 1917 publicou o seu primeiro artigo n' A Nosa Terra. Participou na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en decembro de 1918.
En outubro de 1920 fíxose cargo da dirección de El Correo Gallego de Ferrol, da que cesou en abril de 1921, e pasou a dirixir La Zarpa en Ourense ata 1923, cando foi redactor xefe de Galicia. Diario de Vigo. En 1926 casou con Xulia Sánchez Novoa e durante uns meses de 1927 foi o redactor xefe de El Pueblo Gallego. Dirixiu El Progreso de Pontevedra.[4]
En 1929 Editorial Nós publicou Orballo da media noite, colección de 31 poemas, nos que amosa o coñecemento dos recursos da poesía vangardista e futurista,[5] e en 1930 saíu do prelo De esto y de lo otro, unha escolma de 38 artigos xornalísticos.[6] Participou na creación da Asociación de Escritores Gallegos (1930).
Blanco Torres foi membro do comité executivo da Federación Republicana Gallega e en marzo de 1931 asumiu a dirección de La República de Ourense, ao tempo que comezou a desilusionarse coa actuación do seu grupo político na consecución da autonomía para Galicia, aínda así aceptou o cargo de gobernador civil de Palencia do 29 de decembro de 1931 ao 16 de xuño de 1932. En febreiro de 1933 fíxose cargo da dirección de El Noroeste[7]. En 1935 dirixiu El País de Pontevedra, e dende maio de 1936 foi o xefe do gabinete de prensa do Ministerio de Gobernación, e participou activamente na campaña para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Ademais de todas as publicacións citadas, textos da súa autoría foron reproducidos por La Temporada en Mondariz, Hebe (Pontevedra), Nerio (Corcubión), Arazúa (Montevideo), Boletín de la Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (Buenos Aires), Céltiga (Buenos Aires), Revista del Centro Gallego (Montevideo), La Voz del Agro (Chantada), Galicia “Revista del Centro Gallego de Montevideo”, Galicia “Revista del Centro Gallego de Buenos Aires”, A Fouce (Buenos Aires), Nuevo Heraldo (A Guarda), Nós (Ourense), Galicia Industrial y Comercial (A Coruña), Heraldo de Galicia (Ourense), Raza Celta “Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo” ou Cultura Gallega (A Habana), entre outras.[8]
MorteEditar
O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeu a Blanco Torres na aldea de Amido, no concello da Peroxa, na casa familiar da súa muller; detido en setembro foi levado á Prisión Provincial de Ourense, e o 3 de outubro de 1936 foi paseado polos falanxistas que o fusilaron no concello de Entrimo. Por orden xudicial, foi soterrado nunha fosa común da igrexa parroquial de San Fiz de Galez no concello de Entrimo.
ObraEditar
- Orballo da media noite, 1929, poesía. Editorial Nós.[5]
- De esto y de lo otro, 1930, artigos xornalísticos. Biblioteca Murguía, Nós.[6] Hai unha antoloxía en galego publicada por Xesús Carballo Soliño.[9]
Escolmas e edicións póstumas (todas publicadas en 1999)Editar
- Roberto Blanco Torres: páxinas sobre a lingua galega. Día das Letras Galegas 1999, editado por Alonso Montero. USC
- Xornalismo irmandiño, editado por Marcos Seixo Pastor. Edicións A Nosa Terra.[10]
- Artigos e poemas galegos, editado por Clodio González Pérez. Toxosoutos.[11]
- Correspondencia inédita e obra xornalística non exhumada, editado por A. Rodríguez Guerra. Lectorado Galego de Salamanca.[12]
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
- ↑ Pedro Blanco Iglesias (ou Pedro Blanco de Crespo) era fillo natural do cacique José Crespo Villar e de María Blanco Iglesias.
- ↑ "Blanco Torres, Roberto". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 324. ISBN 978-84-8288-942-9.
- ↑ Vidal Neira, Antonio: "El humanista de Donramiro" Faro de Vigo, 9/6/2013.
- ↑ Durán, José Antonio et al. (2005). "Blanco Torres, Roberto". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 84–85. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ 5,0 5,1 Iglesias, Xabier: "Orballo da media noite" 5/10/2013.
- ↑ 6,0 6,1 Iglesias, Xabier: "De esto y de lo otro" 2/12/2016.
- ↑ El Compostelano, 4/2/1933, p. 2.
- ↑ Villar, Miro (3/10/2016). "No oitenta aniversario do asasinato do poeta e xornalista Roberto Blanco Torres". Crebas.gal.
- ↑ "Disto e do outro. Antoloxía". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-27.
- ↑ Seixo Pastor, M., ed. (1999). Blanco Torres, xornalismo irmandiño. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-89976-73-2.
- ↑ González Pérez, Clodio, ed. (1999). Roberto Blanco Torres: Artigos e poemas galegos. Toxosoutos. ISBN 84-89129-59-2.
- ↑ Rodríguez Guerra, A., ed. (1999). Correspondencia inédita e obra xornalística non exhumada. Lectorado Galego de Salamanca. ISBN 84-600-9544-4.
- ↑ Fernando López-Acuña López: Galicia letra a letra en YouTube.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Alonso Girgado; Regueiro Tenreiro; Monteagudo Cabaleiro, M.ª Teresa (1999). Roberto Blanco Torres, cronobiografía, escolma de textos, obra hemerográfica. Xunta de Galicia.
- Alonso Montero, X. (1999). Día das Letras galegas 1999. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 84-87987-17-6.
- Blanco Valdés, J. L. (maio de 1999). "Roberto Blanco Torres: os trazos dunha vida. Día das Letras Galegas 1999" (PDF). Revista Galega do Ensino (23): 15–44. ISSN 1133-911X.
- ————— (1999). Roberto Blanco Torres (1891-1936). Unha fotobiografía. Xerais. ISBN 84-8302-370-9.
- —————; Núñez; Nicolás; Valcárcel (1999). Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía. Xerais. ISBN 978-84-8302-356-3.
- Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da Literatura Galega Contemporánea. Galaxia. p. 608. ISBN 84-7154-227-7.
- Domínguez Alberte, X. C. (1999). Roberto Blanco Torres e a loita pola supremacía ética. Laiovento. ISBN 84-89896-44-5. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2018. Consultado o 28 de abril de 2018.
- Durán, Xosé (1999). Roberto Blanco Torres - Xornalista e poeta. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-253-6.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 157.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. ISBN 84-95350-79-3.
- González Pérez, Clodio (1998). Roberto Blanco Torres. Toxosoutos. ISBN 84-89129-22-3.
- —————, ed. (1999). Roberto Blanco Torres: Artigos e poemas galegos. Toxosoutos. ISBN 84-89129-59-2.
- Rodríguez Guerra, A., ed. (1999). Correspondencia inédita e obra xornalística non exhumada. Lectorado Galego de Salamanca. ISBN 84-600-9544-4.
- Seixo Pastor, M. (1998). Roberto Blanco Torres. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-89976-50-3.
- —————, ed. (1999). Blanco Torres, xornalismo irmandiño. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-89976-73-2.
- —————; Pazos Touriño, B.; Pena Búa, P. (2002). Roberto Blanco Torres: vida, obra e pensamento. A Estrada: Edicións Fouce.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Galaxia. pp. 84–85. ISBN 84-8288-019-5.
- —————, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
- "Blanco Torres, Roberto". Diccionario enciclopédico galego universal 9. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 95-96. ISBN 84-7680-429-6.
- "Blanco Torres, Roberto". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 121–123.
- "Blanco Torres, Roberto". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 372-373. ISBN 84-7680-288-9.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto Blanco Torres |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Roberto Blanco Torres |
A Galicitas posúe citas sobre: Roberto Blanco Torres |