El País (1932)
El País foi un xornal que se publicou en Pontevedra entre 1932 e 1936. Subtitulado Diario republicano, cambiou despois a Diario republicano de la tarde para denominarse nos últimos anos Diario de la tarde.
El País | |
---|---|
Fundación | 1932 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarVeu a substituír a El Pueblo. Apareceu o 1 de decembro de 1932, sendo o seu fundador, propietario e director Maximiliano Pérez Prego. En 1935 fíxose cargo da dirección durante un breve período Roberto Blanco Torres. El País cesou a súa publicación en xullo de 1936.
De tendencia republicana, foi portavoz do Partido Republicano Gallego e posteriormente defendeu a Izquierda Republicana.
Entre os seus colaboradores destacan Gerardo Álvarez Gallego, Roberto Castrovido, Juan García Morales, Ken Keirades, Eugenio López Aydillo, Ramón Otero Pedrayo, Joaquín Poza Juncal, Indalecio Prieto, Ramón Suárez Picallo, Antón Villar Ponte e Antonio Zozaya.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "País, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pérez Pais, Carmen (2005). "País, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.