IV Asemblea Nacionalista

asemblea do nacionalismo galego

A IV Asemblea Nacionalista celebrouse en Monforte de Lemos do 18 ao 20 de febreiro de 1922.

IV Asemblea Nacionalista
Tipocongreso
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar
 
Outra estampa do mesmo evento.

A partir da I Asemblea Nacionalista producíronse diverxencias entre o grupo de Ourense, conservador e contrario á participación electoral e o da Coruña de tendencia liberal-progresista e partidaria da vía política e da colaboración con outros partidos non nacionalistas.

Entre os participantes estiveron: Xaime Quintanilla, Euxenio Charlón e Ramón Villar Ponte, de Ferrol; Antón Losada Diéguez, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e J. Calviño, de Pontevedra; Manuel Lustres Rivas, de Vigo; Enrique Peinador, de Mondariz; César Quiroga, da Arxentina; Vicente Risco, Arturo Noguerol, Alfonso Monjardín, Eugenio Montes, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Villot e Antonio Sánchez González, de Ourense; Francisco Manuel Balboa, Antón Villar Ponte, Antonio Martínez e Lois Peña Novo, da Coruña; Manuel Antonio, de Rianxo; Roberto Blanco Torres, pola prensa de Ourense, e varios irmáns de Monforte. Enviaron adhesións as mocidades céltigas de Madrid, Santiago de Compostela, Lugo e Baiona.[1]

Na Asemblea de Monforte produciuse a ruptura das Irmandades da Fala. A Irmandade da Coruña e algunhas da Comarca mantiveron as fórmulas orixinais, mentres que a maioría constituíu a Irmandade Nazonalista Galega dirixida por Vicente Risco.

  1. A Nosa Terra, 1-3-1922, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar