Xabier Iglesias
escritor e humorista galego
Francisco Xabier Iglesias López, nado na Coruña en 1967, é un escritor, humorista gráfico e columnista galego.
Xabier Iglesias | |
---|---|
Nacemento | 1967 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
É traballador dunha empresa privada do eido da formación corporativa. Como humorista gráfico empezou colaborando na sección Humor Galego de La Voz de Galicia no 1991, baixo a dirección de Siro López.
Deuse a coñecer como novelista no 2003 c' O soño do falcón, ficción histórica sobre a figura de Pedro Madruga. No 2008 publicou a súa segunda novela, Daniel e a porta do ceo. Ambientada na Galiza do século XII, narra a pescuda dun frade bieito das súas orixes, para o cal conta coa axuda do mestre Mateu no ano que finaliza o Pórtico da Gloria.
Como columnista colabora con artigos de opinión en Xornal de Galicia e Vieiros.
Obras narrativas Editar
- O soño do falcón (2003), Ed. Toxosoutos.
- Daniel e a porta do ceo (2008), Colección Mandaio, Biblos Clube de Lectores.[1]
- O amante de Graza María (2016), Ed. Toxosoutos.
Notas Editar
- ↑ Ficha de Daniel e a porta do ceo na páxina web do Consello da Cultura Galega (consultado o 13 de febreiro de 2010).
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Biblos Clube de Lectores, Revista de Información Literaria, n.os 5 (2003) e 34 (2008).