A Fouce (Buenos Aires)

A Fouce Periódico Galego 1926.jpg

A Fouce foi unha publicación de marcado carácter independentista. Era o voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires e logo da Sociedade Nazonalista Pondal, que se publicou dende xaneiro de 1926[1] até xullo de 1936.

Historia e característicasEditar

Tralo comezo da ditadura de Primo de Rivera, a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires esgazou en dous. Mentres Blanco Amor e os seus partidarios marcharon á Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, outro sector encabezado por Manuel Oliveira Viqueira, Moisés da Presa, Clemente López Pasarón e Lino Pérez refundouna en 1925 cun marcado carácter independentista, e en xaneiro de 1926 comezou a editar A Fouce como o seu voceiro. Editáronse ese ano catro números, e ininterrompido a publicación.

En 1927 a Irmandade converteuse nunha asociación cultural co nome de Sociedade d'Arte Pondal que logo será coñecida como Sociedade Nazonalista Pondal. A Pondal foi a unha das primeiras asociacións que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia.

A Fouce volveu aparecer o 1 de febreiro de 1930, sendo nesta segunda época quincenal e mensual. Entre os seus colaboradores figurou Bieito Fernández Álvarez. O último número apareceu o 25 de xullo de 1936.

Durante a Guerra civil española, en 1938, autodisolveuse para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires.

O 15 de agosto de 1941 volveu editarse unha publicación con este título, na que participaron antigos membros da Sociedade Nazonalista Pondal, entre eles, Vicente Barros, que foi o novo director[2] e durará até 1944.[3]

NotasEditar

  1. Fernández Santiago (2008), p. 218
  2. Fernández Santiago (2001), p. 198
  3. Diéguez Cequiel (2015), pp. 151-158

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (2015). Nacionalismo galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975). Santiago de Compostela: Laoiovento. ISBN 978-8484872771. 
  • Fernández Santiago, Marcelino X. (2001). Núñez Seixas, Xosé Manoel, ed. Asociacionismo gallego en Buenos Aires (936-1960). Colección: Argentina Plural (en castelán). Bos aires: Editorial Biblos. pp. 181–202. ISBN 950-786-283-8. 
  • Fernández Santiago, Marcelino X. (2008). "Asociacionismo gallego en América, 1871-1960". En Blanco Rodríguez, Juan Andrés. El asociacionismo en la emigración española a América (en castelán). Zamora: UNED. pp. 199–233. ISBN 978-84-936871-0-6. 
  • Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 143–144. ISBN 84-87172-30-X. 

Ligazóns externasEditar