La Temporada en Mondariz
La Temporada en Mondariz foi un semanario publicado en Mondariz entre 1888 e 1931.
La Temporada en Mondariz | |
---|---|
País | España |
Lugar | Mondariz-Balneario |
Lingua | lingua castelá |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu en xuño de 1888.[1] Publicación semanal que se repartía gratuitamente todos os domingos da temporada do verán entre os clientes do balneario de Mondariz. Imprimíanse, por termo medio, dezasete números anuais. A partir de 1924 reserváronse moitos espazos para o galego. En 1925 cambiou o seu formato polo de revista. Colaboraron na publicación Alfredo Vicenti, Celso G. de la Riega, Manuel Murguía, Aurelio Ribalta, Francisco Camba, Ramón Cabanillas e Federico Maciñeira. Entre os colaboradores literarias figuraron Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Amado Carballo, Manuel Antonio e Aquilino Iglesia Alvariño en poesía, e Vicente Risco e Ben-Cho-Shey con textos en prosa. Cesou a súa publicación en setembro de 1931.
Notas
editar- ↑ El Regional, 22-7-1888, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Temporada en Mondariz, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- González Pérez, Clodio; et al. (2005). "Temporada en Mondariz, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.