Mondariz
Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2022 tiña 4.448 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mondaricense.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Mondariz | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.444 (2023) (51,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 85,8 km² | ||||
Altitude | 114 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xoán Carlos Montes Bugarín (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Mondariz | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36870 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36030 | ||||
Sitio web | mondariz.gal |
Xeografía
editarMondariz ten unha superficie de 85,8 km². Está situado ao suroeste da serra do Suído, no sur da provincia de Pontevedra. Limita ao norte con Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, ao leste con Covelo, ao sur coa Cañiza e Salvaterra de Miño, e ao oeste con Mondariz-Balneario, Ponteareas e Pazos de Borbén.
Está sucado polo río Tea, que forma un val moi pronunciado. Os seus afluentes máis importantes son pola dereita o Caraño, Alén e o Aboal (tamén chamado Asaar), e pola esquerda o Lougariños e o Xabriña. O cumio máis alto do municipio é o Coto de Eira, de 881 m.
O concello ten 12 parroquias. Dúas delas, Queimadelos e Vilasobroso, son entidades locais menores.
Demografía
editarEn 2022 tiña 4.448 habitantes, pero a poboación está moi diseminada en núcleos reducidos e distantes entre si. As zonas urbanas máis consolidadas son a vila que dá nome ao concello, e Vilasobroso, 4 km ao sur.
Censo Total (Habitantes) | 4.742 (2014) |
Menores de 15 anos | 467 (9.85 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.875 (60.63 %) |
Maiores de 65 anos | 1.400 (29.52 %) |
Evolución da poboación de Mondariz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.213 | 6.687 | 7.093 | 6.443 | 5.320 | 5.259 | 5.081 | 4.841 | 4.800 | 4.742 | 4.665 | 4.647 | 4.548 | 4.496 | 4.440 | ||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarNa Idade Moderna as terras pertencían ao señorío de Sobroso. O marquesado de Sobroso foi concedido por Filipe IV de España o 18 de maio de 1625. Durante o reinado de Afonso XIII, os veciños da parroquia de Vilasobroso solicitaron constituírse como entidade local menor, sendo recoñecida como tal polo pleno municipal o 13 de setembro de 1924.
A parroquia de Queimadelos solicitou constituírse como ELM durante a II República, sendo recoñecida o 21 de febreiro de 1935.
Cultura
editarToponimia
editarO topónimo Mondariz semella ter orixe xermánica. Porén, existen varias hipóteses sobre a súa orixe: antropónimo xermano en xenitivo Munderici; Mondariz < composto “monte + de + antropónimo xermano en xenitivo Alarici”; ou Mondariz < composto “monte + de + topónimo prerromano en xenitivo Ariti”[1].
Patrimonio
editarPatrimonio arquitectónico
editar- Castelo de Sobroso
- Artigo principal: Castelo de Sobroso.
O castelo de Sobroso está xunto ao monte Landín, nas inmediacións do concello de Ponteareas que ten a súa propiedade. Desde el divísase o sur do Condado e o val do río Miño alén da fronteira con Portugal. Ten a súa orixe no século XII, en 1130.
- Ponte románica de Cernadela
- Artigo principal: Ponte de Cernadela.
Está situada na parroquia de Riofrío, no lugar de Cernadela, sobre o río Tea. A construción servía de paso cara ás diferentes feiras. Augas arriba existe unha praia fluvial.
Escudo
editarSobre cartela, escudo medio partido e cortado: 1º: En campo de prata unha fonte de ouro aclarada de azur. 2º: En campo de azur un monte de sinople, sumado todo el dunha muralla de ouro mazonada, sumada pola sinistra da torre e outra muralla. 3º: En campo de azur unha ponte de tres arcos apuntados. Acolado da cruz de Santiago. Ó timbre coroa real pechada.
Mondariz na literatura popular
editar- Refraneiro
- Imos con ledicia/ que vén a par noso/ a Virxe bendita/ de Vilasobroso [2].
- Cantigueiro
As fontes non especifican a que Portela se refiren as cantigas, polo que non é posible sabelo. Pero agrúpanse aquí polo denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional que se levanta no lugar da Portela, parroquia de Sabaxáns, no concello de Mondariz, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) [3].
- Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella [4].
- O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada [5].
- O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada [6].
- O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira [7].
- O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha [6].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz.
Parroquias
editarLugares de Mondariz
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz vexa: Lugares de Mondariz.
Notas
editar- ↑ Celtiberos
- ↑ Vicente Risco 1962, 393.
- ↑ Galiciaconfidencial.com
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de íl, de unha.
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 162.
- ↑ 6,0 6,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 116.
- ↑ Bouza Brey 1929, 162. Recollida en Vilagarcía, onde o Nomenclátor non recolle ningún lugar con ese nome.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mondariz |
Bibliografía
editar- Bouza Brey, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- Lorenzo Fernández, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- Risco, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
Outros artigos
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |