Abrir o menú principal

Pazos de Borbén

concello da comarca de Vigo, na provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°17′36″N 8°31′56″O / 42.29333, -8.53222

Pazos de Borbén
Bandeira de Pazos de Borbén---Escudo de Pazos de Borbén
Casa consistorial de Pazos de Borbén.jpg
Casa do Concello.
Situacion Pazos de Borbén.PNG
Situación
Xentilicio[1]pacense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación2.980 hab. (2018)
Área50,0 km²
Densidade59,6 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloPazos
Política (2019[2])
AlcaldeAndrés Iglesias Rodríguez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6

Outros: AV 4, C's 2
Eleccións municipais en Pazos de Borbén
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes65,56%
Na rede
https://pazosdeborben.gal/
concello@pazosdeborben.org

Pazos de Borbén é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 3.075 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pacense».

DemografíaEditar

Censo total (habitantes) 3.075 (2014)
Menores de 15 anos 401 (13,04 %)
Entre 15 e 64 anos 1.943 (63.19 %)
Maiores de 65 anos 731 (23.77 %)
 

XeografíaEditar

O concello, de 50 km², abrangue oito parroquias e limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.

As augas do concello dan a tres concas: cara ao norte os ríos Barragán e Pequeno van dar ao Oitavén. Cara ao sur os ríos Borbén e Louro desembocan no río Miño. Cara ao oeste, o río Alvedosa desemboca en Redondela.

O monte Galleiro (670 m) é o cumio máis elevado. Outros picos son o monte da Serra (616 m), A Pedra Quitiña (532 m) e o Outeiro do Mar (475 m).

HistoriaEditar

Durante o século XX houbo unha forte emigración cara a Sudamérica, especialmente ao Brasil.

EconomíaEditar

Até a década de 1970 a economía do concello era basicamente de subsistencia, baseada na agricultura e a gandería. Actualmente moita xente desprázase cara a Vigo, Redondela e Pontevedra, onde están as áreas industriais ou traballando no sector dos servizos.

O Polígono Industrial A Chan de Amoedo acolle empresas de alimentación, artes gráficas, fabricación de colchóns e construción.

Galería de imaxesEditar

ParroquiasEditar

Lugares de Pazos de BorbénEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pazos de Borbén vexa: Lugares de Pazos de Borbén.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Pazos de Borbén". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.