Borbén, Pazos de Borbén
Santiago de Borbén é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 520 habitantes (249 homes e 271 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 613 habitantes.
Borbén | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santiago de Borbén. | |
Concello | Pazos de Borbén[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°17′03″N 8°32′02″O / 42.2842635, -8.5340027 |
Poboación | 520 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarO río de Borbén divide esta parroquia en dúas partes: por unha banda encóntranse as aldeas de Cuartos de Borbén e O Mosteiro e, pola outra, Sequeiros e O Pousiño.
Cultura
editarO primeiro domingo de agosto celébrase a festa na honra de Nosa Señora da Branca.[3] Ademais é tradición que os máis pequenos participen na procesión subidos a un carro que porta a Virxe tirado polos veciños.[3] Tamén se celebra o día do Apóstolo Santiago (25 de xullo), unha celebración que tradicionalmente é organizada polos matrimonios que levaban casados 25 anos; pero, nos últimos anos esta tradición viuse modificada dado os escasos matrimonios existentes no lugar.
Tamén cabe destacar a romaría do Santo Aparecido o último sábado de agosto.[4] Esta romaría celébrase na aldea do Pousiño, máis concretamente no miradoiro do Santo Aparecido. É tradición que os veciños se reúnan para comer neste mesmo lugar. Pola tarde fanse xogos para os máis pequenos e á noitiña ofrécense sardiñas con pan de millo e viño para os asistentes. Ademais a xornada está amenizada por diversos grupos folclóricos. Esta celebración ten orixe no ano 1983 cando a imaxe do Santo apareceu mentres se estaba realizando unha escavación para crear unha pista forestal.[5] A imaxe estaba rota e levouse a restaurar. Ademais elaborouse unha cruz de formigón entre os veciños para posteriormente colocar a imaxe unha vez que estivese restaurada.[4]
Lugares e parroquias
editarLugares de Borbén
editarLugares da parroquia de Borbén no concello de Pazos de Borbén (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Pazos de Borbén
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Atlántico (2014-08-06). "Pazos de Borbén rindió homenaje a la Virgen Blanca". Atlántico (en castelán). Consultado o 2023-10-26.
- ↑ 4,0 4,1 Máxica, Galicia (2016-03-03). "O Santo Aparecido". Galicia Máxica. Turismo (en castelán). Consultado o 2023-10-26.
- ↑ "El misterioso santo enjaulado que apareció en lo alto de un monte en Pontevedra". ELMUNDO (en castelán). 2019-08-26. Consultado o 2023-10-26.