Nespereira, Pazos de Borbén

parroquia civil do concello de Pazos de Borbén

Coordenadas: 42°14′56″N 8°35′54″O / 42.2490111, -8.5982357

San Martiño de Nespereira é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 773 habitantes (382 homes e 391 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 729 habitantes.

Nespereira
Nespereira, Pazos de Borbén.JPG
ConcelloPazos de Borbén[1]
ProvinciaPontevedra
Poboación773 hab. (2014)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Localízase ó suroeste do concello, entre Redondela e Mos.

Cruceiro de 1861.

Celebra varias festas, a da Virxe do Carme (o 15 de xullo), a de Santa Tareixa (outubro) e dúas festas gastronómicas: A festa do ovo en maio e a da carne ó caldeiro en outubro.

Por esta parroquia pasa o río Louro, con lugares habilitados para a pesca que conta cun pequeno encoro no que se baña a xente en verán.

Entre o patrimonio está a igrexa parroquial de San Martiño e a Capela do Carme[2]

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de NespereiraEditar

Lugares da parroquia de Nespereira no concello de Pazos de Borbén (Pontevedra)

Alvite | O Areeiro | Barcenal | O Galleiro | O Outeiro | Torrente | O Valado | Zoce

Parroquias de Pazos de BorbénEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pazos de Borbén

Amoedo (San Sadurniño) | Borbén (Santiago) | Cepeda (San Pedro) | A Ermida (Nosa Señora da Anunciación) | Moscoso (San Paio) | Nespereira (San Martiño) | Pazos (Santa María) | Xunqueiras (San Salvador)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar