Toutón, Mondariz
San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) -179 menos que en 1999-, distribuídos en 5 entidades de poboación.
Toutón | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Mondariz[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°15′23″N 8°29′31″O / 42.25650977, -8.49191718 |
Poboación | 304 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur[2].
É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo[3].
Festas
editarToutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.
Desta parroquia é o grupo Pandeireteiras de Toutón.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa parroquial de San Mateo.
-
Cruceiro de fóra do adro de Toutón.
-
Escultura ao cazador.
-
Palco da música construído en 1934 e reformado en 1978.
Lugares e parroquias
editarLugares de Toutón
editarLugares da parroquia de Toutón no concello de Mondariz (Pontevedra) | |
---|---|
Aboal | Casco | Festín | Lordelo | Portacurbo |
Parroquias de Mondariz
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Igrexa parroquial de san Mateo de Toutón na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Cruceiro da igrexa de san Mateo de Toutón na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.