Mouriscados, Mondariz
San Cibrán de Mouriscados é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 267 habitantes (141 mulleres e 126 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2005 cando tiña 311 habitantes. Por esta parroquia pasa a N-120, que comunica Vigo e Ourense.
Mouriscados | |
---|---|
Concello | Mondariz[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°11′20″N 8°24′46″O / 42.188834315104, -8.4127855812441 |
Poboación | 267 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNos lugares de Couto do Santo e Campo de Mouro atopáronse restos de cerámica castrexa e tegulas romanas, sobre os que hai varias lendas.[2]
A igrexa parroquial, adicada a San Cibrán, data do século XVII. Dela partía un antigo viacrucis que ía ata o outeiro do Calvario.[3] Anterior a esta igrexa existiu outra situada no «Couto da Igrexiña».[2]
Patrimonio
editar- Cruceiro e peto de ánimas de Mouriscados, peto de ánimas pechado con cruceiro por detrás del.
- Castro de Campo de Mouro
Lugares e parroquias
editarLugares de Mouriscados
editarLugares da parroquia de Mouriscados no concello de Mondariz (Pontevedra) | |
---|---|
O Campo do Mouro | Crespos | Fontán | Fontebalán | A Lamela | Poñe | A Porteliña | Zamorelle |
Parroquias de Mondariz
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ 2,0 2,1 Guisado Nogueira, Jose (1988). Mondariz: historia, guía y hechos pasados. ISBN 84-86845-53-X.
- ↑ "Arte Relixioso de Mouriscados". Vive Mondariz. 22 de agosto de 2007.