Río Tea
- Véxase tamén: Zona especial de conservación do Río Tea.
O río Tea é un afluente do río Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.
Río Tea | |
---|---|
. | |
País | Galicia |
Lonxitude | 50 km |
Caudal medio | 17,5 m³/s |
Desembocadura | Río Miño |
Conca do río Miño no territorio galego | |
Etimoloxía
editarSegundo Edelmiro Bascuas o hidrotopónimo "Tea" parte da raíz hidronímica indoeuropea galaica *tekw‑, co significado de ‘fluír’[1].
Características
editarNace da confluencia de dous brazos, dos cales un nace na parte sur da Serra do Suído, a uns 900 msnm, e outro a 940 msnm no Faro de Avión, no límite entre as provincias de Ourense e Pontevedra.[2] Baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño, onde desemboca no Miño. A súa conca cobre unha área de 411 km².
O Tea é un río de característico réxime pluvial. O seu caudal medio é de 17,5 m³/s. O seu percurso inicial é encaixado, abríndose xa no val de Mondariz, atravesando logo pola vila de Ponteareas, antes de ir ao Miño. Entre os seus afluentes destaca o Alén, pola dereita, que recibe aínda na montaña. Xa no curso baixo úneselle o Uma pola esquerda.
A meirande parte do río está declarado como zona especial de conservación (ZEC) río Tea, xunto con varios dos seus afluentes, como os ríos Alén, Xabriña ou o rego de Borbén.[3][4][5][6][7]
Flora e fauna
editarFlora
editarA vexetación é moi rica, tipo bosque de galería dos ríos do sur de Galiza, a formación típica é o ameal ou formación de amieiros. A vexetación é completada con freixos, salgueiros, pradairos, sabugueiros, bidueiros, cerdeiras bravas e algún carballo. Seguindo o bosque de galería atopamos unha segunda formación na que aparece a carballeira ou fraga mixta dominada por carballos (Quercus robur L.), e completada con loureiros, pereiras bravas, acivros (aceviños), cerquiños, e ás veces freixos, pradairos e castiñeiros. Nos outeiros fórmanse piñeirais de piñeiro bravo (Pinus pinaster var. maritima), froito das reforestación dos séculos XIX e XX, mesturadas hoxe en día con carballos, eucaliptos etc. Complétase todo cunha rica formación arbustiva e herbácea: cáncaros, campaíñas, amorodeiras bravas (morotes), hedras (areiras ou hadreiras), silveiras, roseiras bravas, estripeiros, chuchameles (Lonicera spp.), fentos variados, brións etc. Así coma toxos, uces etc. nas zonas altas.
Fauna
editarAves
editar- Gabián (Accipiter nisus)
- Garza branca (Egretta alba)
- Andoriña brava (Riparia riparia)
- Alavanco real (Anas platyrhynchos)
- Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
- Ouriolo (Oriolus oriolus)
- Paporrubio (Erithacus rubecula)
- Picapeixe (Alcedo atthis)
- Azor (Accipiter gentilis)
- Lavandeira branca (Motacilla alba)
Mamíferos
editar- Rato de almiscre (Galemys pyrenaicus)
- Lontra (Lutra lutra)
Peixes
editarOutros
editar- Xoaniña (Coccinella septempunctata)
- Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
- Libélulas (Gomphus graslinii e Macromia splendens)
Impacto ambiental
editarEn agosto de 2014 o río sufriu unha vertedura de sosa procedente da planta embotelladora de Augas de Mondariz[8].
Galería de imaxes
editar-
Ponte medieval de Fofe en Covelo.
-
Ponte de Fillaboa preto da desembocadura.
-
Tres pontes preto da desembocadura; a medieval de Fillaboa, a da estrada vella a Caldelas de Tui, e a da nova estrada PO-510
-
Río Tea ao seu paso por Ribadetea, Ponteareas.
-
Río Tea ao seu paso por Moreira, Ponteareas.
-
Ponte das Partidas, en Moreira, Ponteareas.
Notas
editar- ↑ Artigo sobre o topónimo Teo en Portal das palabras da RAG onde tamén se fala do hidrotopónimo Tea
- ↑ Descrición do medio e inventario biolóxico da conca alta do río Tea (Concello de Covelo)
- ↑ BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140006 Río Tea". Consultado o 30/9/2020.
- ↑ Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1140006 Río Tea". Consultado o 30/9/2020.
- ↑ "Un vertido de sosa en el Tea envelena miles de peces en un tramo de dos kilómetros", artigo en Faro de Vigo, 2 de agosto de 2014 (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Tea |