Abrir o menú principal

Sabaxáns, Mondariz

Parroquia do concello de Mondariz

San Mamede de Sabaxáns é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 344 habitantes (181 mulleres e 163 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

Sabaxáns
Iglesia de San Mamede de Sabaxáns.jpg
Igrexa de San Mamede de Sabaxáns.
ConcelloMondariz
Poboación344 hab. (2013)
Entidades de poboación8

No lugar da Portela, desta parroquia de Sabaxáns, levántase o denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) [1].

Non resulta posible confirmar que as seguintes cantigas se refiren a este carballo.

  • Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella [2].
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada [3].
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada [4].
  • O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira [5].
  • O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha [4].

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

  • Galiciaconfidencial.com
  • Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de íl, de unha.
  • Fermín Bouza Brey 1929, 162.
  • 4,0 4,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 116.
  • Bouza Brey 1929, 162. Recollida en Vilagarcía, onde o Nomenclátor non recolle ningún lugar con ese nome.