Salvaterra de Miño
Coordenadas: 42°4′59″N 08°29′53″O / 42.08306, -8.49806
Salvaterra de Miño[8] é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».
Salvaterra de Miño | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | salvaterrense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Condado |
Poboación | 9.990 hab. (2020)[2][3] |
Área | 62,5 km²[3] |
Densidade | 159,84 hab./km² |
Entidades de poboación | 17 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | Marta Valcárcel Gómez (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 4 |
Eleccións municipais en Salvaterra de Miño | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 63,66% |
Na rede | |
http://www.concellodesalvaterra.org | |
info@concellodesalvaterra.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (á outra beira do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia de Caldelas de Tui (Tui).
DemografíaEditar
Censo total (habitantes) | 9626 (2014) |
Menores de 15 anos | 1309 (13,6 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6296 (65,41 %) |
Maiores de 65 anos | 2021 (20.99 %) |

HistoriaEditar
O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á igrexa de Santiago o señorío e val de Salvaterra, que herdara do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX, para facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal até 1643, cando foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.[9]
Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltando a guarnición de Salvaterra.
En 1568 o señor de Salvaterra era Diego Sarmiento, que acudiu con cincocentos homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero nese ano pasou a ser chamado Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España (Salvatierra/Agurain en Araba e Salvatierra de Esca en Zaragoza)[10].
CulturaEditar
PatrimonioEditar
- Castelo de Salvaterra (Pazo de Dona Urraca)
- Covas de Dona Urraca
- Murallas do século XVII
- Capela da Oliveira
- Igrexa de San Lourenzo de Salvaterra
- Pazo de Lira
- Pazo-torre de Petán
- Portalón da Inquisición
- Pazo de Barreiras
- Pazo da Fillaboa
- Ponte de Fillaboa
- Pazo de Santo Amaro
- Pazo do Piñeiro
- Pazo de Souto
Pazo de Dona UrracaEditar
O castelo de Salvaterra, tamén coñecido como castelo de Dona Urraca, é unha fortaleza medieval situado ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9.700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.
O castelo de Salvaterra e o seu contorno histórico foi declarado en 1949 Ben de Interese Cultural.
EtnografíaEditar
Festas e celebraciónsEditar
- Festa do viño do Condado.
- Festival da Poesía no Condado.[11]
Salvaterra na literatura popularEditar
- Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña [12].
Galería de imaxesEditar
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salvaterra de Miño
Castelo de Salvaterra, Pazo de Dona Urraca
ParroquiasEditar
Lugares de Salvaterra de MiñoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "Salvaterra de Miño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 04 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Salvaterra de Miño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Nomenclátor da Xunta de Galicia. Busca das parroquias de Salvaterra de Miño.
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
- ↑ "SCDCondado.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2010.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvaterra de Miño |
BibliografíaEditar
- Oya Pérez, Elisa. Informe Económico año 2004 Antena Salvaterra de Miño (en castelán).