Festa do viño do Condado

A Festa do viño do Condado é unha feira gastronómica celebrada no Castelo, en Salvaterra de Miño o último domingo de agosto de cada ano co obxectivo de exaltar os viños do Condado (D.O. Rías Baixas) e Monção-Melgaço (D.O. Vinhos Verdes)

Orixe e localización editar

A festa celebrouse por vez primeira en 1959. Dende aquela, elíxense os mellores viños e noméanse os novos confrades que promocionaron o viño.

Os postos para a cata do viño instálanse no interior da muralla do castelo de Salvaterra de Miño, na comarca do Condado, zona de grande tradición e calidade de viños, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. No mesmo lugar organízanse concertos e outras actividades.

Festexos editar

O último domingo de agosto degústase o propio viño do Condado xunto con xantares de comida típica (empanadas, polbo, lamprea etc). Ademais celébranse os días anteriores xornadas técnicas, catas, exposicións, obradoiros, mostras de música galega e outras artes. Ademais dende o ano 2000 prémianse os "Viños deliciosos do Ano".

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar