Denominación de Orixe Rías Baixas

D.O. Rías Baixas
Rías Baixas viño W3C.svg
DO Rías Baixas.svg
Industrias
179 [1]
Superficie
4 027 ha [1]
Viticultores
6 031 [1]
Produción uva
24 180 221 kg [1]
Viño cualificado
19 300 200 l [1]
Valor estimado
96 501 000 [1]
Páxina web
www.doriasbaixas.com
Enderezo
Pazo de Mugartegui
Praza da Pedreira s/n
36002 Pontevedra.

A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

DescriciónEditar

Divídese nas seguintes subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla. A uva albariño é a súa produción monovarietal de máis éxito, aínda que se pode combinar coas uvas brancas loureira branca ou marqués, treixadura, caíño branco, torrontés e godello e as tintas caíño tinto, espadeiro, loureira tinta, sousón, mencía, pedral e brancellao[2]. A produción é de baixa graduación, de viño branco e sen crianza, e expórtase cada vez máis a mercados españois (especialmente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza, Xapón e Suecia).

Os viñedos ocupan unha superficie de preto de 4.027 hectáreas, que pertencen a 179 adegas. Esta denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de 25.000 litros e unhas vinte superan os 75.000. A produción total supera os 19 millóns de litros.[1]

XeografíaEditar

A Denominación de Orixe está dividida en 5 sub-zonas[3]. Estas son, de norte a sur:

  • Soutomaior: cobre o territorio do mesmo nome, é a única subzona da ría de Vigo.

Galería de imaxesEditar

Viños tipo Albariño. 

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.
  2. Folleto explicativo da D.O.RR.BB. Arquivado 11 de abril de 2012 en Wayback Machine., páxina 6 (en castelán)
  3. "Quen somos". D.O. Rías Baixas - Descubre el sabor de Galicia. 2017-07-03. Consultado o 2020-09-24. 
  4. "Comarcas y vinos". www.gastronomiadegalicia.com. Consultado o 2020-09-24. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar