O Rosal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.
O Rosal | |
---|---|
![]() Casa consistorial, nun pazo do século XVIII. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | rosaleiro/a |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Baixo Miño |
Poboación | 6.450 hab. (2022)[2][3] |
Área | 44,1 km²[3] |
Densidade | 146,26 hab./km² |
Entidades de poboación | 4 parroquias[4] |
Capital do concello | O Rosal |
Política (2023 [5]) | |
Alcaldesa | Ánxela Fernández Callís (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 6 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais no Rosal | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 57,60% |
Na rede | |
orosal.gal | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poboación Editar
Segundo o IGE, no 2014 tiña unha poboación de 6.455 habitantes.
Censo total 2014 | 6.455 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 859 (13.31 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4.194 (64.97 %) |
Maiores de 65 anos | 1.402 (21.72 %) |

Evolución da poboación do Rosal Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5.225 | 5.302 | 5.679 | 5.558 | 5.992 | 6.570 | 6.613 | 6.574 | 6.531 | 6.455 | 6.406 | 6.349 | 6.328 | 6.249 | 6.234 | 6.289 | 6.379 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Trazos económicos Editar
A súa economía é eminentemente agrícola, forestal e gandeira (pastos), con algo de pesca de baixura. Son afamados os seus viños, que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e forman parte da "Feira do Viño do Rosal" (declarada de interese turístico no 2016).
Etimoloxía Editar
O nome da vila procede de Roçal, forma derivada do verbo ruptiare, que no latín serodio significaba 'romper', no sentido de axeitar unha terra para o cultivo, e que evolucionou ao moderno 'rozar', limpar de maleza a terra. A escrita moderna Rosal é o resultado dunha grafía non consciente do seseo propio da fala local, no canto do esperable Rozal, sen prexuízo da pronuncia con /s/.[8]
Malia que en Galicia a rosa cultívase de vello, a vinculación tradicional do nome deste concello coa flor[9] non é etimolóxica, senón que responde á coincidencia entre o topónimo deturpado e o termo castelán para designar a roseira.
Historia Editar
Atopáronse vestixios paleolíticos, que inclúen pinturas rupestres, e da Idade de Bronce. A cultura castrexa estivo moi presente nesta zona.
Durante a Idade Media pertenceu ó Mosteiro de Santa María de Oia, da orde Cisterciense.
O concello constituíuse en 1847, independizándose do da Guarda. En 1879 o rei Afonso XII outorgoulle o título de vila.
Patrimonio Editar
Os muíños do Folón e do Picón é un conxunto de 36 muíños do século XVIII situados nos ríos Folón e Picón, todos eles restaurados e mesmo algún en funcionamento. Preto do lugar atópanse a ermida de San Martiño e as fervenzas do río Folón e do río da Cal. Pódense visitar percorrendo a ruta homologada de sendeirismo PR-G 94, ruta circular de 3'5 km con principio e fin xunto ó Muíño da Ponte das Penas.
O monumento ao cabaqueiro lembra os telleiros da vila, que crearon a xerga denominada latín dos cabaqueiros.
A casa consistorial ocupa un pazo do século XVIII.
Turismo Editar
Cada ano, na terceira fin de semana do mes de xullo, celébrase a Feira do Viño do Rosal, que ten como atractivo principal o viño branco desta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas.
O Rosal ten dúas rutas de sendeirismo homologadas: o PR-G 94 Rota dos Muíños do Folón e do Picón e o PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe. A primeira goza das paisaxes do BIC dos muíños do Folón e de Picón; a segunda das panorámicas do estuario do río Miño e do final do río Tamuxe.
O Rosal posúe un Centro de Interpretación dos Oficios, cun apartado moi especial para o oficio dos cabaqueiros.
No muíño das Aceñas o concello do Rosal dispón dunha aula da natureza que serve de centro de interpretación da contorna. Está situado xunto a unha área recreativa natural, na beira do río Tamuxe.
Alcaldes Editar
- José Luis Martínez Rodríguez AP (1979-1987) PP (1987-1999) (1979-1999).
- Jesús María Fernández Portela PP (1999-2018).
- María del Carmen Alonso Alonso PP (2018-2019)
- Ánxela Fernández Callís BNG (2019-actualidade)
Colexios Editar
- CPI Manuel Suárez Marquier (1977).
- CRA María Zambrano: Sede en Pías. 6 edificios (Marzán, Pías, Couso, Fornelos, Novás, Tabagón)
Deporte Editar
- SD Atlético Novás (balonmán)
- Unión Deportiva Ribera (fútbol)
- Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL
- Atletismo Suárez Marquier
Música Editar
- Banda Municipal do Rosal.
- Coral Musical do Rosal.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes do Rosal.
-
AVE MARYA PVRYSSYMA ANO DE 1781
-
Centro de saúde.
-
Praza de abastos.
-
Fonte.
-
S. Bartolomeu das Eiras.
-
Muíños do Folón.
Parroquias Editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal | |
---|---|
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán) |
Lugares do Rosal Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "O Rosal".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Guías AZ. Galaxia. p. 57. ISBN 9788498650921.
- ↑ "O ROSAL XA CONTA CO SEU ESCUDO E BANDEIRA MUNICIPAIS LEGALIZADOS". Noticias O Rosal (en castelán). 2012-09-04. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-26.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Rosal |
Ligazóns externas Editar
- Páxina web do concello
- PR-G 94 Ruta dos Muíños do Folón e do Picón - SEGATUR
- PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe - SEGATUR
Coordenadas: 41°56′8″N 08°49′30″O / 41.93556, -8.82500
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |