As Eiras, O Rosal
San Bartolomeu das Eiras é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 243 habitantes (124 homes e 115 mulleres).[2] Pertence á diocese de Tui-Vigo e o arciprestado da Guarda-Tebra.
As Eiras | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | O Rosal[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 41°55′42″N 8°46′54″O / 41.92833333, -8.78166667Coordenadas: 41°55′42″N 8°46′54″O / 41.92833333, -8.78166667 |
Poboación | 243 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial foi aberta en 1791. A anterior foi trasladada logo das continuas ameazas de crecidas do río Miño. Partindo desde a igrexa hai un vía crucis con 14 estacións, algunhas delas as orixinais dos séculos XVII e XVIII, cara á ermida de Santa María Magdalena, situada no cumio de Castro Fortaleza. A ermida ten uns grandes contrafortes, malia que o templo, de planta rectangular, é pequeno. O cumio, desde onde se observa a parroquia e Portugal, ten unhas sobreiras centenarias.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2021. Consultado o 27/8/2015.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares das EirasEditar
Lugares da parroquia das Eiras no concello pontevedrés do Rosal | |
---|---|
Carril | A Igrexa | O Monte Real | Os Picóns de Abaixo | Os Picóns de Arriba |
Parroquias do RosalEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal | |
---|---|
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán) |