Vila Nova de Cerveira
Vila Nova de Cerveira (coñecida frecuentemente apenas por Cerveira) é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1.300 habitantes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | |||
Contén a división administrativa | Campos e Vila Meã (pt) Candemil e Gondar (pt) Cornes (pt) Covas (pt) Gondarém (pt) Loivo (pt) Mentrestido (pt) Reboreda e Nogueira (pt) Sapardos (pt) Sopo (pt) Vila Nova de Cerveira e Lovelhe (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 9.253 (2011) (84,89 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 109 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4920 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | cm-vncerveira.pt |
É sede dun municipio con 108,46 km² de área e 8852 habitantes (2001), subdividido en 15 freguesías. O concello limita ao nordés con Valença, ao leste con Paredes de Coura, ao sueste con Ponte de Lima, ao suroeste con Caminha e ao noroeste co concello galego de Tomiño, a través do río Miño. No ano 2004 construíuse a Ponte da Amizade que a conecta con Galiza.
A cidade foi fundada polo rei Don Dinís de Portugal en 1321 e hoxe é moi coñecida e visitada pola Bienal Internacional de Arte de Cerveira que ten lugar na cidade desde 1978. O complexo do Fórum Cultural de Cerveira tamén é un lugar para exposicións e outros eventos fóra da Bienal. En portugués Cerveira é coñecida como Vila das Artes. A cidade mantén, entre outras cousas, residencias creativas na Casa do Artista "Pintor Jaime Isidoro" e alberga a Escola Superior de Arquitectura Gallaecia. O CineTeatro, convertido en centro cultural e de eventos, o arquivo da cidade (Arquivo Municipal), a biblioteca (Biblioteca) e a Casa do Turismo, aloxados nunha casa histórica de dous andares do século XIX, entre outros son outros lugares de arte que hai que mencionar en Vila Nova de Cerveira.
Na vila hai unha estación de ferrocarrís, con paso regular trens. Os monumentos arquitectónicos tamén inclúen edificios públicos históricos, fontes de pedra, o centro de artesanía Casa do Artesão, o Aquamuseu do Río Minho (aberto en 2005, dedicado á historia, á flora e fauna do río Miño), a pousada de Don Dinís, e varios de edificios sacros, como a Igrexa Matriz de Vila Nova de Cerveira (tamén Igrexa de São Cipriano) e a igrexa barroca, construída orixinalmente no século XVI.
Demografía
editarPoboación do concello de Vila Nova de Cerveira (1801 – 2004) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 |
6.706 | 9.401 | 9.691 | 10.794 | 11.030 | 8.666 | 9.144 | 8.852 | 8.813 |
Alén da de Lovelhe e Vila Nova, Cerveira ten 10 freguesías:
Recoñecementos
editar- 2015: Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Galería
editar-
O río Miño, ao seu paso pola vila.
-
Vista desde a atalaia de Lovelhe.
-
Escultura do Cervo
-
Solar dos Castros
-
Porta do Castelo
-
Igrexa matriz
-
Praza central de Cerveira
-
Piares da Ponte que conecta Portugal e Galiza
-
Aquomuseu
-
Cámara Municipal de Cerveira
-
Indicativo do Caminho Portugués, na rúa 25 de abril
-
Casas arredor da muralla do Castelo
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Vila Nova de Cerveira |