Tabagón, O Rosal

parroquia civil do concello do Rosal

San Xoán de Tabagón[2] é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Ten 7 entidades de poboación: A Mina, A Paradela, A Portela, O Río, A Rúa da Cal, A Rúa de Abaixo e O Xisco. Segundo o IGE en 2014 tiña 630 habitantes (320 mulleres e 310 homes).

San Xoán de Tabagón
O Rosal, S. Xoán de Tabagón, igrexa parroquial.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloO Rosal[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas41°55′36″N 8°48′11″O / 41.92666389, -8.803175Coordenadas: 41°55′36″N 8°48′11″O / 41.92666389, -8.803175
Poboación630 hab. (2014)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Está bañada polas augas do Río Miño e dista 5 quilómetros da capital do concello.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial é de estilo manuelino tardío, construída entre 1812 e 1825, con retablo maior neogótigo.

O Cruceiro dos Maios,[3] feito por Manuel González Perdiz en 1879, onde se representa unha alegoría do pecado orixinal, a flaxelación e a Verónica coa Santa Face. Ten un capitel dórico con follas de acanto e cabezas de anxo, o Cristo Morto e a Dolorosa.

Destaca, tamén, o peto de ánimas da Paradela.[4]

CelebraciónsEditar

Na parroquia celébranse, amais de San Xoán (24 de xuño), as festividades da Virxe da Saúde e San Brais, 2 e 3 de febreiro respectivamente.

Erguen un grande arco floral.[5]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de TabagónEditar

Lugares da parroquia de Tabagón no concello pontevedrés do Rosal

A Mina | A Paradela | A Portela | O Río | A Rúa da Cal | A Rúa de Abaixo | O Xisco

Parroquias do RosalEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar