Cruceiro dos Maios

cruceiro na parroquia de Tabagón (O Rosal)

Coordenadas: 41°55′38″N 8°48′12″O / 41.92725, -8.8032722222222

O cruceiro dos Maios[1] é un cruceiro da parroquia de San Xoán de Tabagón, concello do Rosal.

Cruceiro dos Maios
Cruceiro dos Maios coa escola detrás
Presentación
LocalizaciónO Rosal
DirecciónTabagón
TipoCruceiro
Construción
Data da construción1879

Descrición

editar

Foi feito por Manuel González Perdiz en 1879 e representa unha alegoría do pecado orixinal, a flaxelación e a Verónica coa Santa Face. Ten un capitel imitación da orde corintia, con follas de acanto e cabezas de anxo, o Cristo Morto e a Dolorosa.

Galería de imaxes

editar
  1. "Concello do Rosal". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar