Arciprestado da Guarda-Tebra

O arciprestado da Guarda-Tebra é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño. Comprende boa parte da actual comarca do Baixo Miño, agás as freguesías do concello de Tui e a parroquia de Sobrada, que pertencen ó arciprestado de Tui-Entenza.

División eclesiástica de Galicia.

Xeografía e historia

editar

Na actualidade, por Decreto de 23 de marzo de 2006, foron unificados os antigos arciprestados da Guarda e Tebra, constituíndo un único. Noutrora, o arciprestado de Tebra chamábase Tebra-Taras, ou coas variantes Tariaes e Taraes.[1] Linda cos arciprestados de Miñor e Tui-Entenza. O río Miño exerce de fronteira coa diocese de Viana do Castelo (Portugal). Está bañado por ríos como o Miño, San Martiño, Pexegueiro, Pinzás, o Tamuxe ou o Barrantes.

Parroquias e anexos

editar

Está formado polas parroquias de:[2]

O arciprestado posúe tres anexos:

Galería de imaxes

editar
  1. ÁVILA Y LA CUEVA, Francisco "Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tui y su Obispado" T. II: Vilas, Parroquias, Arciprestados. Edición facsimilar. Consello da Cultura Galega (1995)
  2. "diocesetuivigo.org/diocese/parroquiasguardatebra". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar