Mougás, Oia
Santa Uxía de Mougás é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE no 2013 tiña 680 habitantes (340 homes e 340 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 540 habitantes. O seu xentilicio é mougalés/esa.
Mougás | |
---|---|
Mougás | |
Concello | Oia[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 680 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Nesta parroquia apareceu a chamada Pía de Mougás, unha pedra labrada cunha inscrición latina que fala de sacrificios. Na actualidade consérvase no Museo de Pontevedra. Ademais diso, na parroquia existen varios castros prerromanos e diversos petróglifos, destacando o conxunto da Cabeciña.
Na igrexa parroquial atopouse unha lauda prerrománica e unha talla de madeira gótica que representa á Virxe co Neno, conservada no Museo de Pontevedra. O templo, de tres naves, ten a súa orixe no século X, pero foi reformada nos s. XVI e XVIII.
Na localidade do Porto ten a súa sede a Orde Migueliana.
O curro de Mougás, que se celebra o segundo domingo de xuño é un dos máis populares de Galicia.
A banda de música Unión Musical de Mougás foi creada en 1880.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de MougásEditar
Lugares da parroquia de Mougás no concello de Oia (Pontevedra) | |
---|---|
Barcelos | Bragadela | O Cabezo | A Cova | A Ermida | A Granxa | A Igrexa | Lameiro | Laxes | As Mariñas | Os Mises | Mougás | O Outeiro | Pedra Rubia | O Porto | Riodosos | Toiberde |
Parroquias de OiaEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Oia | |
---|---|
Burgueira (San Pedro) | Loureza (San Mamede) | Mougás (Santa Uxía) | Oia (Santa María) | Pedornes (San Mamede) | Viladesuso (San Miguel) |
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Bouza Brey, F. (1931). "A pía megalítica de Mougás e as prácticas adiviñatorias da Galiza antiga". Boletín da Real Academia Galega 20 (235-240).
- Bango Torviso, I. G. (1978). "Aportación a una catalogación de la imaginería gótica de Pontevedra". Museo de Pontevedra (32).
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Mougás na páxina da Diocese de Tui-Vigo.