Xoán Bautista
Xoán Bautista,[1][2][3] nado contra o 5 a.C. e finado contra o 30 d.C., foi quen anunciou a chegada do Mesías prometido (de aí o nome de Xoán o Precursor co que tamén se coñece) e bautizouno no río Xordán.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 6 a. C. ![]() Ein Kerem (Reino herodiano) ![]() |
Morte | c. 30 ![]() Maquero (Tetrarquía herodiana) ![]() |
Causa da morte | execución extraxudicial, decapitación ![]() |
Lugar de sepultura | Mesquita de Nabi Yahya ![]() |
Profeta | |
![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Deserto de Xudea ![]() |
Grupo étnico | Pobo xudeu ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Palestina ![]() |
Ocupación | ermitán ![]() |
Período | Imperio Romano ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século I ![]() |
Alumnos | Xesús histórico ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 24 de xuño ![]() |
Símbolo iconográfico | Cunca bautismal, libro, cruz cristiá, cunca, favo, año e caxato ![]() |
Familia | |
Pais | Zacarías ![]() ![]() |
Parentes | Xesús de Nazaret, valor descoñecido Santa María, valor descoñecido ![]() |
Cronoloxía | |
San Xoán Bautista no deserto | |
Bautismo de Xesús ![]() | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() |


Traxectoria
editarA vida de Xoán está descrita nos Evanxeos, especialmente no de san Lucas, que detalla os feitos do nacemento, ministerior e morte. Era fillo de Zacarías, un sacerdote, e Sabela, curmá de Xesús e naceu seis meses antes:
Houbo no tempo de Herodes, rei de Xudea, un sacerdote chamado Zacarías, do grupo de Abías, casado cunha muller descendente de Aharón, chamada Isabel. (...) Non tiñan fillos, por ser Isabel estéril e estaren os dous moi entrados en anos (...) aparecéuselle un anxo do Señor. Zacarías, ao velo, turbouse todo, cheo de temor. Mais o anxo díxolle:
-Acouga, Zacarías, que se escoitou a túa petición, e Isabel, a túa muller, vaiche dar un fillo, e vaslle chamar Xoán. (...)
Aos seus meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaré, onda unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María. (...)
O anxo continuou:
-Non temas, María, porque ti atopaches graza ante Deus; e fíxate, vas concibir no teu ventre e darás a luz un fillo, ao que lle poñerás de nome Xesús. (...)
Aí tes a túa curmá Isabel, que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban estéril.Lucas 1, 5-36
Xa de mozo retirouse ó deserto para vivir como anacoreta facendo penitencia e ó redor do ano 27 foi á rexión do Xordán, a onde chegou Xesús de Nazaré para ser bautizado. É neste momento cando insiste en que el non é o Mesías esperado polos xudeus senón que a súa misión só é anunciar e preparar a súa chegada: "Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado" (Lucas 3, 16).
Nas súas prédicas, Xoán denunciou publicamente o comportamento de Herodes Antipas, fillo de Herodes o Grande, por adulterio, pola relación incestuosa que mantiña con Herodías, a súa sobriña, denuncia que provocou que fose detido e levado á cadea de Maqueronte. Outras versións (Flavio Xosefo) xustifican a detención en razóns políticas: Herodes tomou esta decisión por medo a que incitase a unha posible rebelión contra el dos seus numerosos seguidores.
En calquera caso, ó cabo de 10 meses foi decapitado por orde de Herodes. Conta a lenda que Salomé, filla de Herodías, foi que pediu a cabeza de Xoán como recompensa por un baile que fixo para o rei.
Culto
editarO culto a san Xoán Bautista está amplamante estendido por todo o territorio da igrexa católica, que o considera maior homine, par angelis (máis que un home, semellante ós anxos). A igrexa de Latrán (Roma), cabeza e nai de tódalas igrexas, está dedicada a Xoán, así como os baptisterios de Pisa ou Rávena, entre outros.
San Xoán Bautista é o patrón dos Cartuxos. Tamén o é dos xastres, dos peleteiros (por ir vestido cunha pel), dos cardadores de la, dos coiteleiros, dos presos no cárcere e dos condenados a morte, e tamén dos músicos. Foi considerado protector das fontes.
Celebración
editarA súa festa celébrase conmemorando o seu nacemento, o 24 de xuño, ou a data da súa decapitación, o 29 de agosto.
Evidentemente, non hai seguridade histórica en ningunha das dúas datas. A primeira calcúlase a partir da data aceptada tradicionalmente para o nacemento de Xesús, o 24 de decembro, aceptando como bo que cando o anxo Gabriel anunciou a María a concepción de Xesús, tamén lle dixo que a súa prima Isabel estaba embarazada de seis meses. Nin sequera hai seguridade no ano en que puido suceder isto, xa que distintos autores propoñen para o nacemento de Xesús os anos 2, 4 ou mesmo 7 antes da nosa era.
De calquera xeito, seguramente a orixe da súa festa hai que atopala nas antigas celebracións do solsticio de verán. Igual que o solsticio de inverno se cristianizou coa celebración do nacemento de Xesús, o de verán converteuse na festa do precursor. O que non é obstáculo para que baixo o nome dunha festa cristiá pervivan ritos pagáns que se celebran por toda Galicia: o lume, as ondas as herbas...
Tampouco hai certeza na data da súa morte nin, polas razóns antes expostas, no ano. Calculándoa sobre a cronoloxía de Herodes Antipas, estímase que se produciría no ano 27 da nosa era, pero como a tradición a sitúa pouco antes da crucifixión de Cristo, acéptase usualmente o ano 30.
Iconografía
editarSan Xoán Bautista represéntase basicamente en dúas formas:
- como neno
- como adulto, vestido cunha pel de carneiro[4] e sostendo un año ou unha cruz de cana cunha cartela na que aparece Ecce agnus Dei. O dedo índice ergueito representa o seu carácter de anunciador de Xesús. Ocasionalmente, represéntase coa cabeza nunha bandexa.
-
San Xoán de Calo (Teo)
-
Detalle dun baldaquino na igrexa de San Román de Santiso (Lalín)
-
Museo Catedralicio (Ourense)
San Xoán Bautista en Galicia
editarSan Xoán é o patrón de 144 parroquias galegas.[5] É patrón dos concellos de Ames, Carballo, Cerdedo, Cesuras, Fisterra, Mazaricos, Muros, Sarria e Touro (na provincia da Coruña); Antas de Ulla, Becerreá, Guitiriz, O Corgo e O Incio (na de Lugo); Laza, Padrenda, Rairiz de Veiga e Trasmiras (Ourense); e Poio (Pontevedra).
Da influencia de San Xoán na cultura galega dá idea o feito de que dá nome ó mes de xuño: De san Xoán prás Navidás, o días van pra atrás.
En Galicia é avogoso das colleitas de pan (entendido como trigo ou centeo). Na noite de san Xoán, a noite do día 23 ó 24 de xuño, coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo e en toda Galicia[6] unha ampla variedade de festas e prácticas rituais especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de San Xoán en moitos lugares de España. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que se festexa este acontecemento solar.
Notas
editar- ↑
- Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Xoán". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>
.
- Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Xoán". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para natividade.
- ↑ "Xoán Bautusta, san". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2233.
- ↑ Nas igrexas de Oriente, unha pel de camelo.
- ↑ O que o coloca en sétima posición por número de parroquias. Cómpre advertir que pode haber confusión entre Xoán Bautista e Xoán Evanxelista.
- ↑ Así como do resto de España e en Europa.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Noite de san Xoán
- Xuño na cultura popular galega
- Xoán o Apóstolo
- Xoán (nome)
- Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Bautista
- Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Degolado