Trasmiras

concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°1′22″N 07°37′00″O / 42.02278, -7.61667

Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é trasmirao [8].

Trasmiras
Escudo de Trasmiras
Casa do Concello Trasmiras.JPG
Casa do concello.
Situacion Trasmiras.PNG
Situación
Xentilicio[1]trasmirao,-á
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación1.261 hab. (2022)[2][3]
Área56,7 km²[3]
Densidade22,24 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeEmilio Pazos Ojea (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Trasmiras
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes86,59%
Na rede
-
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Censo total 1.456 (2014)
Menores de 15 anos 84 (5,77 %)
Entre 15 e 64 anos 751 (51,58 %)
Maiores de 65 anos 621 (42,65 %)
Evolución da poboación de Trasmiras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
2.679 3.169 3.638 3.893 1.786 1.656 1.560 1.534 1.500 1.456 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

XeografíaEditar

O concello, de 56,7 km², abrangue 9 parroquias. O noroeste do concello está regado pola bacía do río Limia. Outras cuncas importantes son as do río Trasmiras e o Faramontaos. A Veiga de Limia é un espazo natural de 1.400 hectáreas, que se estende por este concello e o veciño de Xinzo de Limia. É unha zona húmida que quedou illada trala desecamento da lagoa de Antela.

O concello está atravesado pola estrada N-525 e pola autovía A-52.

HistoriaEditar

A zona estivo poboada pola tribo dos límicos. Trala romanización de Galicia quedou baixo influencia do Forum Limucorum. Na idade media quedou baixo influencia do condado de Lemos.

PatrimonioEditar

Destacan varias igrexas de estilo románico: a de Santa María de Zos consérvase completamente neste estilo, cunha fachada con tres arquivoltas. As de San Xoán de Trasmiras e San Salvador de Vilar de Lebres sufriron reformas posteriores. A de San Martiño de Abavides tamén foi modificada, e o seu retablo foi restaurado. A carón da igrexa hai un cruceiro.

En Santa Mariña de Escornabois hai un peto de ánimas que forma conxunto cun cruceiro.

En Vila de Rei hai unha ermida sobre un outeiro.

Galería de imaxesEditar

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Trasmiras

Abavides (San Martiño) | Chamosiños (Santa Baia) | Escornabois (Santa María) | Lobaces (Santa María) | Trasmiras (San Xoán) | Vila de Rei (San Salvador) | Vilar de Lebres (San Salvador) | Vilaseca (San Román) | Zos (Santa María)

Lugares de TrasmirasEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trasmiras vexa: Lugares de Trasmiras.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Trasmiras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Trasmiras". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 60. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.