Abavides, Trasmiras
San Martiño de Abavides é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras na comarca da Limia. Segundo o IGE[2], en 2016 tiña 156 habitantes (73 homes e 83 mulleres).
Abavides | |
---|---|
![]() Igrexa de San Martiño de Abavides | |
Concello | Trasmiras[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°02′00″N 7°38′00″O / 42.03333333, -7.63333333Coordenadas: 42°02′00″N 7°38′00″O / 42.03333333, -7.63333333 |
Área | 6,36 km² |
Poboación | 156 hab. (2016) |
Densidade | 24,53 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Atópase a 640 m sobre o nivel do mar. Está atravesada pola estrada N-525.
A zona un clima fundamentalmente continental, caracterizado polas escasas choivas (uns 700 mm anuais), un forte contraste de temperaturas, moi baixas no inverno e altas no verán, e frecuentes xeadas.
HistoriaEditar
A comarca da Limia estaba poboada pola tribo dos límicos antes da romanización de Galicia. Nesta época o territorio do que é o actual Trasmiras estaba baixo a influencia do Forum Limicorum.
Na idade Media a parroquia de Abavides pertencía ó señorío do Conde de Lemos, quedando o resto do territorio baixo o señorío do Conde de Monterrei.
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial conserva algúns restos do románico, pero a maior parte da construción é de feitura barroca, trala reforma levada a cabo entre 1688 e 1728. As pedras da construción medieval foron aproveitadas no muro do camposanto. No seu interior destaca o retablo maior, feito en 1773 por Gregorio Álvarez de Araujo e restaurado no 2004.
FestasEditar
As festas celébranse a primeira fin de semana de setembro.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de AbavidesEditar
Lugares da parroquia de Abavides no concello de Trasmiras (Ourense) | |
---|---|
Abavides | O Banco | Cacabelo | Cruces | A Madorra | O Seixo | A Trapa |
Parroquias de TrasmirasEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- www.abavides.org páxina con certo contido sobre Abavides