Vilaseca, Trasmiras

parroquia civil do concello de Trasmiras

Vilaseca é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. No ano 2022 tiña 146 habitantes, dos cales 70 eran homes e 76 mulleres.[2]

Vilaseca
Igrexa parroquial.
ConcelloTrasmiras[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°03′24″N 7°36′28″O / 42.05666667, -7.60777778Coordenadas: 42°03′24″N 7°36′28″O / 42.05666667, -7.60777778
Poboación146 hab. (2022)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A igrexa de San Román está construída en granito de perpiaño e rematada no ano 1716, segundo unha inscrición no lateral esquerdo. Accédese por unha pequena escalinata que leva ao camposanto e á fachada. Ten un pequeno rosetón e espadana con dúas campás. Ten planta en forma de L, composta dunha nave central e un lateral esquerdo, prolongación do templo e onde se atopa a sancristía.

Dentro da igrexa hai dous altares cos respectivos retablos posteriores á construción da igrexa, xa que os primeiros pereceron nun incendio. O retablo maior é de madeira policromada composto por un piso e tres corpos. Na parte central superior está a imaxe da Virxe Inmaculada. A ámbolos lados atópanse as tallas barrocas de madeira onde se representan a San Brais e a figura do Sagrado Corazón co manto de cor púrpura e a man dereita tocando o corazón. Hai unha influencia do estilo rococó que se aprecia na acumulación dos elementos decorativos barrocos como son as liñas e formas onduladas dos laterais de cores vivas (azul celeste, ocre e alaranxado). Antes do arco de ferradura atópanse dou retablos laterais tamén de arte barroca. Nun deles a figura de Santo Antonio de Padua tallada en madeira e no outro a Virxe das Candelas, tamén patroa da vila e cuxa festa se celebra o 2 de febreiro.

A igrexa é anexo da freguesía de Santa María de Escornabois, da que son señores os condes de Monterrei. Deste anexo non percibían máis que un beneficio honorífico xa que a maioría da poboación era de orixe humilde, pero tributaba ao párroco que percibía arredor do 74% dos décimos e primicias que se recollían no século XVIII. A miúdo era unha suma insuficiente para o seu mantemento e vivenda.

Demografía

editar
Gráfica de evolución demográfica de Vilaseca entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.[2]

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Vilaseca

editar
Lugares da parroquia de Vilaseca no concello de Trasmiras (Ourense)

Vilaseca

Parroquias de Trasmiras

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Trasmiras

Abavides (San Martiño) | Chamosiños (Santa Baia) | Escornabois (Santa María) | Lobaces (Santa María) | Trasmiras (San Xoán) | Vila de Rei (San Salvador) | Vilar de Lebres (San Salvador) | Vilaseca (San Román) | Zos (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Hernández Figueiredo, J.R. (2007), As Parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento o mundo rural da Alta Limia. 2ª ed. Zamora: Ediciones Monte Casino Benedictinas, pp. 183-187