Laza
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coordenadas: 42°3′40.5″N 7°27′37.2″O / 42.061250, -7.460333
Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).
Laza | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Retorta. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | lacense (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Verín |
Poboación | 1.205 hab. (2022)[2][3] |
Área | 215,9 km²[3] |
Densidade | 5,58 hab./km² |
Entidades de poboación | 10 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | José Ramón Barreal Novo (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 3 Outros: Xuntos por Laza2 |
Eleccións municipais en Laza[7] | |
Uso do galego[8] (2011) | |
Galegofalantes | 90,18% |
Na rede | |
http://www.laza.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo total | 1.287 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 61 (4.74 %) |
Entre 15 e 64 anos | 627 (48.72 %) |
Maiores de 65 anos | 599 (46.54 %) |

Evolución da poboación de Laza Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4.405 | 4.262 | 4.573 | 3.034 | 1.800 | 1.570 | 1561 | 1541 | 1487 | 1449 | 1424 | 1377 | 1331 | 1287 | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
EtimoloxíaEditar
A orixe etimolóxica do topónimo Laza parece ter a súa orixe no vocábulo latino latium, que correspondería á rexión chamada do Lacio da Península Itálica entre os ríos Tíber e Liris, e da que se supón proviñan os primeiros romanos asentados neste val, aínda que algúns autores como Antonio-Augusto Diéguez Añel atópanlle unha orixe prerrománica[Cómpre referencia].
HistoriaEditar
No concello hai varios sitios arqueolóxicos da idade de bronce, como o petróglifo das Pisadiñas (Laza) ou o das Ferraduras (Soutelo Verde). Na idade de ferro desenvolveuse a cultura castrexa, O castro de Laza está á beira do camiño secundario que enlazaba as vías 17 e 18 do itinerario de Antonino.[9], desde Alberguería cara á serra de San Mamede[10]
La singularidad de este castro está en su relación con el oppidum, único en toda la Vía Romana Secundaria IV, de Chaves (Portugal), a Baños de Molgas, en la provincia de Ourense, al que es obrigado considerar como prototipo de lo que es y significa un castro natural, sin construcciones aparentes, situado en un lugar estratégico, con un entorno geográfico también singular, elegido previamente por los pueblos primitivos pre-celticos, celtas y romanos, de quienes quedan vestigios.Antonio-Augusto Diéguez Añel: Támega (páx. 14)
Outros poboados castrexos do concello son:
- Castro dos Mouros (asentamento fortificado; Soutelo Verde)
- A Coroa (asentamento fortificado; Carraxó)
- A Cidadella (asentamento fortificado; Carraxó. Próximo a unha explotación de estaño, coa cal o castro puido ter relación)
- Lombo da Cerca (asentamento fortificado; Trez)
- O Castro (asentamento fortificado; Alberguería)
- A Picota (asentamento; Camba)
As terras do val de Laza foron poboadas polos Tamaganos, unha das tribos castrexas pertencente ó convento Bracarense que aparece nomeada na Columna Honorífica da ponte de Chaves o Padrón dos pobos, e que abranguería as terras do Val norte do río Támega.
Os romanos tamén deixaron aquí a súa fonda pegada tal como se manifesta nos restos arqueolóxicos atopados na zona e que proban a explotación dos xacementos minerais, de asentamentos ou doutro tipo de restos:
- A Coroa (explotación aurífera en aluvión; Camba)
- Os Casarellos (asentamento; Toro. Apareceron varios muíños de man e un couzón de pedra dunha porta)
- Cabeza de Cántara (explotación mineira, tamén puido ser aurífera; Cerdedelo)
- Vasilla de Carraxó (cerámica; Carraxó)
- Ara anepígrafa da Alberguería
- As Minas Vellas de Arcucelos
Na Idade Media, segundo sinala Taboada Chivite ó estudar a Reconquista e a súa consolidación na comarca de Baronceli, Laza aparece relacionada nunha declaración testemuñar sobre aquela. Alude a este pobo como “Laza do Conde”. Foi curato de presentación do Conde de Motezuma, Marqués de Tenebrón que pon tamén ó seu xuíz. Tirso de Molina na súa obra Mari Hernández, La gallega escribe:
“El de Laza que ya esotro lado
ameno se avecina,
al. Val de Monterrey con quien confina,
cinco leguas de Chaves
dista este monte," etc....
En 1777, no libro Relación y Descripción Geográfica de los Estados pertenecientes a la excelentísima y Nobilísima Casa de Monterrey en el reino Galicia, Provincia de Órense, Pedro González de Ulloa sinala:
“El Duque mi señor pone Corregidor, Escribanos de número, y ministros con jurisdicción sobre la mayor parte de los vecinos; comprendiendo también las parroquias de Castro, Cerdedelo, Campo de becerros, y la sobredicha de Retorta. Y todas concurren a la audiencia de Laza; en donde reside el Corregidor…..”
Sobre o couto xurisdicional de Alberguería, tiña o poder o Arcediago de Varonceli. Da Catedral de Ourense, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no Boletín da Real Academia Galega explican como o camiño antigo que atravesa a vila de Laza, formando a súa rúa máis longa e principal, foi noutro tempo verea moi importante, sendo chamado polos lugareños “Camiño de Castela” coa ruta de Laza, Eiras, Portocamba, Campo Becerros, Venta do Bolaño, e Venta do Espiño ata a Gudiña, confirmando que tivo moito trafego de segadores que ían á sega á Castela. Tamén viñan de Castela comerciantes para traer aceite, carne, pemento etc... Posiblemente lle viñera de aí a súa importancia.
No ano 1812, a constitución contempla unha nova división territorial na que xorden novos concellos. Laza, Castro de Laza e Cerdedelo pertencen ó partido xudicial de Monterrei. A comezos de 1822 o concello de Cerdedelo desaparece e aparece como tal o de Retorta.
Finalmente, no ano 1835 implántase unha nova organización de municipios e Laza e mailas súas parroquias, que coinciden coas actuais, adscríbense ó partido xudicial de Verín.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Laza.
Picota na Alberguería
ParroquiasEditar
Lugares de LazaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Laza vexa: Lugares de Laza.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Laza".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño 2019.
- ↑ "José Ramón Barreal volve á alcaldía de Laza «coa certeza de que levamos un ano perdido»". La Voz de Galicia. 24 de xullo de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ "El socialista Jesús Blanco, nuevo alcalde de Laza". La Región (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Taboada Chivite, X. (1953): "Carta Arqueológica de Verín", en Actas del III Congreso Nacional de Arqueología, Zaragoza.
- ↑ Fernández Costas, M. e Fuentes Canal, M. (1926): "Unha nova vía romana", revista Nós, nº 35 (15 novembro), páx. 4-5.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laza |