A Alberguería, Laza
parroquia civil do concello de Laza
Coordenadas: 42°07′19.2″N 7°33′05.3″O / 42.122000, -7.551472
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Alberguería.
Santa María da Alberguería é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 39 habitantes (14 homes e 25 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000. É limítrofe coa homónima A Alberguería, Vilar de Barrio.
A Alberguería | |
---|---|
![]() Vista da Alberguería. | |
Concello | Laza[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 18 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O río Támega nace no monte Talariño, a 960 m de altura, nas estribacións da Serra de San Mamede, no lugar coñecido como Fonte do Támega. Trátase do principal río galego da cunca duriense e, contando o tramo portugués, do cuarto en lonxitude, tras o Miño, o Sil e o Navia. É na localidade trasmontana de Entre-os-Ríos onde cede as súas augas ao Douro.
Lugares e parroquiasEditar
Praza coa picota.
Lugares da AlbergueríaEditar
Lugares da parroquia da Alberguería no concello de Laza (Ourense) | |
---|---|