Manuel Fuentes Canal

político galego

Manuel Fuentes Canal, nado en Ourense e finado en Celanova o 16 de agosto de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaManuel Fuentes Canal
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRamón Fuentes Canal Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Empregado do Hispano-Americano en Ourense. Membro da Irmandade da Fala de Ourense, traballou na transcrición das cantigas de Nuno Eanes Cerzeo no cancioneiro da Biblioteca Nacional.[1] Publicou tres artigos na revista Nós, entre eles "Unha nova vía romana", escrito xunto a Manuel Fernández Costas (1926) e "A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas" (1928), escrito xunto a Fermín Bouza-Brey e Xosé Ramón Fernández-Oxea e considerado o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo. Foi sacado da prisión e asasinado na Ponte Pequena de Paradela de Viveiro (Celanova) o 16 de agosto de 1936 con 35 anos, xunto co seu irmán Emilio.

Notas editar

  1. Fuentes Canal, M. (1923). "Cantigas de Nuneannes Cerseo do cançoneiro Colocci-Barncuti". Nós (15): 10–11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Manuel Fuentes Canal na páxina web Nomes e Voces.