Vilariño de Conso
Coordenadas: 42°09′57″N 07°10′54.9″O / 42.16583, -7.181917
Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2019 tiña unha poboación de 519 persoas (771 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilariñés.
Vilariño de Conso | |
---|---|
![]() Entre A Gudiña e Vilariño de Conso. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | vilariñés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Viana |
Poboación | 505 hab. (2022)[2][3] |
Área | 200,2 km²[3] |
Densidade | 2,52 hab./km² |
Entidades de poboación | 10 parroquias[4] |
Política (2023[5]) | |
Alcaldesa | Melisa Macía Domínguez (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 6 Outros: [ |
Eleccións municipais en Vilariño de Conso | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 88,11% |
Na rede | |
http://www.vilarinodeconso.es | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía Editar
O concello, de Vilariño de Conso, con 200,2 km², abrangue dez parroquias. Está situado no sueste da provincia de Ourense, nas abas orientais da serra da Queixa e O Invernadeiro, entre os 630 e os 1.500 m de altitude.
Polo municipio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e no seu territorio hai cinco encoros. Deles o das Portas, no río Camba, é o de maior capacidade da provincia ourensá, con 536 hm³[8], e o de Cenza é un dos de maior altitude de España, a 1345 metros de altitude. A fervenza do Cenza ten unha caída vertical de 105 metros. Outros saltos de auga destacados son os de Suacenza, Galianda, Dona Loba e Cenza de San Mamede. O val do Cenza é de orixe glaciar, formado na era cuaternaria. As Morrenas de Chaguazoso é unha paisaxe granítica de interese paisaxística.
Abundan os soutos de castiñeiros, destacando o castiñeiro da Corredoira. Entre a fauna salvaxe destacan os cervos, xabaríns, corzos, a cabra montesa, rebecos e o lobo.
Demografía Editar
Evolución da poboación de Vilariño de Conso Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
2.256 | 2.252 | 2.172 | 1.222 | 749 | 700 | 673 | 632 | 660 | 633 | 615 | 586 | 558 | 535 | 524 | 519 | 513 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |

Censo total | 519 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 21 (4.08 %) |
Entre 15 e 64 anos | 302 (58.64 %) |
Maiores de 65 anos | 196 (38.05 %) |
Patrimonio Editar
Consérvanse restos de poboados castrexos en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido. Da romanización de Galicia son os restos da calzada romana, vía secundaria da Vía Nova do itinerario de Antonino, e pola que se levaba o ouro extraído nas proximidades. Desa mesma época consérvase un pontón.
O castelo de Cerveira é un recinto fortificado, situado nun cumio a 1.550 metros de altitude. Ten un perímetro de 430 m, con 250 m de murallas, principalmente nas orientacións sur (150 metros, cunha porta ou abertura no medio), oeste (cunha pequena abertura que puidera ser un derrube) e outro de 30 m cara ao noroeste. Consérvanse cabanas feitas coa mesma pedra do monte, na súa maioría pegadas á muralla, e cunha superficie rectangular de 20 x 4 metros[9].
En San Mamede hai tumbas antropomórficas. De épocas máis recentes son o pazo de Conso e Entrecinsa, e a casa grande de Mormentelos. Entre a arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial de Sabuguido.
O concello está atravesado pola Vía da Prata do camiño de Santiago. No ano 2009 homologouse a ruta de sendeirismo PR-G 118 Ruta dos Soutos, apta para o turismo de natureza. É un percorrido circular duns 8 km que parte de preto do edificio do Concello cunha derivación de 3,5 km ata a central eléctrica. No ano 2018 creouse tamén a ruta de sendeirismo PR-G 146 Ruta Castelo de Cerveira, que parte de Pradoalbar, pasa pola ponte de Pradoalbar[10] e remata próxima á corga do Berganzo. Dende alí, por un camiño sinalizado pero non homologado ascéndese ata o castelo de Cerveira.
Gastronomía Editar
Dentro da gastronomía local destacan as troitas e anguías dos ríos Cenza e Conso, amais dos chourizos, androllas e xamóns. O domingo de entroido celébrase unha festa de exaltación do cabrito. Entre as sobremesas sobresaen a bica e o montonico. O museo etnográfico de Vilariño de Conso conta cun centro de interpretación do cogumelo.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilariño de Conso.
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica na casa do concello.
Parroquias Editar
Lugares de Vilariño de Conso Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilariño de Conso vexa: Lugares de Vilariño de Conso.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Vilariño de Conso".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultado eleccións 2023". Consultado o 18 de xuño de 2023.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilariño de Conso". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "Embalse: Las Portas". Embalses (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2010.
- ↑ Castelo de Cerveira na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Ponte de Pradoalbar na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilariño de Conso |
Ligazóns externas Editar
- Páxina oficial do Concello de Vilariño de Conso Arquivado 09 de febreiro de 2013 en Wayback Machine.
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 118 Ruta dos Soutos - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |