Chandrexa de Queixa
Coordenadas: 42°14′25″N 7°25′34″O / 42.240277777778, -7.4261111111111
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).
Chandrexa de Queixa | |
---|---|
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | chandrexao (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Trives |
Poboación | 495 hab. (2022)[2][3] |
Área | 171,8 km²[3] |
Densidade | 2,88 hab./km² |
Entidades de poboación | 18 parroquias[4] |
Capital do concello | Celeiros |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Francisco Rodríguez Rodríguez (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 5 Outros: XPC-CIF: 2 |
Eleccións municipais en Chandrexa de Queixa | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 89,09% |
Na rede | |
www.chandrexadequeixa.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir diste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.
Demografía Editar
Evolución da poboación de Chandrexa de Queixa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
2.949 | 2.935 | 2.578 | 1.226 | 830 | 639 | 619 | 586 | 560 | 545 | 528 | 506 | 494 | 466 | 456 | 472 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo total | 472(2020) |
---|---|
Menores de 15 anos | 12 (2.54 %) |
Entre 15 e 64 anos | 243 (51.48 %) |
Maiores de 65 anos | 217 (46 %) |
Estranxeiros | 8 (1.7 %) |

Xeografía Editar
O concello ten unha extensión de 172,75 km². Limita ao norte cos concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río (mediante a serra do Burgo), ao sur con Laza e Vilariño de Conso (serra de Queixa), ao leste coa Pobra de Trives e Manzaneda, e ao oeste con Montederramo (serra de San Mamede).
Sitúase no Macizo Central Ourensán, e está atravesado polos ríos Requeixo, Dorelle, e Queixa, afluentes do río Navea. Os 35 núcleos de poboación están situados entre os 1000 e os 1200 metros de altitude. O concello está a 6 km da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda.
Ten un clima de media montaña, con invernos moi fríos e veráns calorosos. As precipitacións non pasan de 1100 mm por ano, cunha moderada seca durante o verán. O chan é granítico cara ao leste e de lousa cara ao oeste. Sobre o subsolo hai unha capa de terra fértil, na que se asenta unha densa vexetación.
Historia Editar
As primeiras pegadas humanas atopadas no concello son agras de mámoas e da romanización, dado que a vía Nova do itinerario de Antonino bordeaba os terreos do concello.
O priorado de Vilar aparece mencionado nunha bula do papa Alexandre III de 1163 como parte dos territorios do mosteiro de Montederramo. Na biblioteca do mosteiro consérvase documentación sobre cesións e doazóns do mosteiro e dos señores nobres, estando esta zona baixo o influxo do condado de Lemos e o condado de Ribadavia. En 1580 Filipe II retirou o priorado ao mosteiro, pero impuxo aos veciños un imposto de 393 fanegas de pan a entregar ao mosteiro.
O concello de Chandrexa de Queixa foi creado mediante o Real Decreto do 23 de xullo de 1835, sendo variable a capital en función da residencia do alcalde, pero a vila máis importante era Chandrexa.
En 1945 comezou a construción do encoro de Chandrexa de Queixa no río Navea, o que propiciou o crecemento da vila de Celeiros. En 1960 acordouse mediante referendo establecer neste lugar a capitalidade do municipio.
No lugar de Requeixo estivo represaliado e confinado o intelectual galego Valentín Paz Andrade.
Toponimia Editar
O topónimo composto débese na súa primeira parte a "chan da igrexa", e na segunda a "Queixada, depresión en forma de caixa", que dá nome á parroquia chá de Queixa[8].
Patrimonio Editar
Entre a arquitectura relixiosa, ademais das igrexas parroquiais, destaca a capela e o cruceiro de Parafita.
Entre a arquitectura popular destacan os fornos de leña, como o das Forcadas, ou o Casal de Drados. En Celeiros destaca o Museo Etnográfico.
Respecto ao patrimonio natural está a fervenza de Dorelle, a fonte da Previsa, a área recreativa de Cardiego e mais a área recreativa de Santa Cruz.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Chandrexa de Queixa.
|
Parroquias Editar
Lugares de Chandrexa de Queixa Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Chandrexa de Queixa vexa: Lugares de Chandrexa de Queixa.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Chandrexa de Queixa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar. Ed. Xerais, Vigo 1992.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chandrexa de Queixa |