Comarca da Terra de Trives
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.
Comarca da Terra de Trives | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Área | 431,7 km² |
Poboación | 4.111 hab. (2017) |
Concellos | Chandrexa de Queixa Manzaneda A Pobra de Trives San Xoán de Río |
PoboaciónEditar
No ano 2017, a comarca posuía 4.111 habitantes. Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 9,52 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.
Concello | Habitantes 2017 [1] |
---|---|
Chandrexa de Queixa | 494 |
Manzaneda | 906 |
A Pobra de Trives | 2.150 |
San Xoán de Río | 561 |
Total | 4.111 |
Censo total 2017 | 4.111 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 250 (6.08 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.216 (53.90 %) |
Maiores de 65 anos | 1.645 (40.01 %) |
XeografíaEditar
A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.
TurismoEditar
O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca da Terra de Trives.
NotasEditar
- ↑ Fonte: IGE Arquivado 22 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |