Manzaneda
Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).
Manzaneda | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Situación | ||||
Xentilicio[1] | manzanedense (non oficial) | |||
Xeografía | ||||
Provincia | Provincia de Ourense | |||
Comarca | Comarca da Terra de Trives | |||
Poboación | 828 hab. (2022)[2][3] | |||
Área | 114,6 km²[3] | |||
Densidade | 7,23 hab./km² | |||
Entidades de poboación | 10 parroquias[4] | |||
Capital do concello | Manzaneda (San Martiño) | |||
Política (2023 [5]) | ||||
Alcalde | Amable Fernández Basalo (PSdeG[6]) | |||
Concelleiros | PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 4 | |||
Eleccións municipais en Manzaneda | ||||
Uso do galego[7] (2011) | ||||
Galegofalantes | 86,20% | |||
Na rede | ||||
http://www.concellodemanzaneda.gal/ | ||||
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia editar
Manzaneda é un dos poucos topónimos castelanizados en Galicia aceptado coma forma oficial. Gonzalo Navaza, investigador especializado na onomástica galega, considerou que a forma Manzaneda apareceu a partir do século XVIII. O nome tradicional é Maceda, e proponse Maceda de Trives como topónimo oficial ao haber xa outro municipio ourensán homónimo, pola alta abundancia de maceiras na zona[8].
Xeografía editar
Situado na parte nororiental da provincia, limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co concello do Bolo, ao sur co concello de Vilariño de Conso e ao oeste co concello de Chandrexa de Queixa. A súa capital, Manzaneda, destaca polo seu conxunto histórico medieval, do que se conservan importantes vestixios.
Poboación editar
Con trazos da Galicia de montaña, con escasa poboación nova e unha ampla capa de maiores de 65 anos, en 2022 o concello de Manzaneda aglutinaba 838 habitantes.
Evolución da poboación de Manzaneda Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
3.283 | 3.437 | 2.973 | 1.954 | 1.150 | 994 | 1.006 | 1.001 | 971 | 973 | 975 | 947 | 906 | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{2022}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |

Censo total | 890 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 44 (4.94 %) |
Entre 15 e 64 anos | 447 (50.22 %) |
Maiores de 65 anos | 399 (44.83 %) |
Estranxeiros | 14 (1.57 %) |
Turismo editar
Enclavado no Macizo Central ourensán, o concello de Manzaneda conta con diversos recursos de alto valor paisaxístico e natural. Comparte a estación de esquí de Manzaneda co concello da Pobra de Trives. No Souto de Rozavales está o castiñeiro de Pumbariños, de máis de 1000 anos de idade e 13,85 metros de perímetro. Está incluído no catálogo de árbores senlleiras.
A igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira é coñecida como a catedral das terras de Manzaneda, ou a catedral da montaña, pola súa gran maxestuosidade. Así mesmo, a capital do concello destaca por ser unha vila medieval, da que se conservan numerosos vestixios do seu glorioso pasado.
O abano turístico complétase con rutas de sendeirismo, coñecidas popularmente como a ruta do Val Glaciar de Prada e a ruta dos Soutos de Cesurís. A primeira percorre a plataforma de abrasión dun glaciar que erosionou o val que percorre a ruta hai máis de 10.000 anos. Chega ata o núcleo abandonado de Prada, situado nunha paisaxe de gran beleza. A segunda ruta percorre os amplos soutos da parroquia de Cesuris.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Manzaneda.
-
Neve no bosque
-
Castiñeiro de Pumbariños situado no Souto de Rozavales
Parroquias editar
Lugares de Manzaneda editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Manzaneda vexa: Lugares de Manzaneda.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Manzaneda".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Lorenzo Gil, César (20/10/2015). "Manzaneda". Dúbidas de galego. Consultado o 3/07/2018.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manzaneda |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |