Pedro González de Ulloa
relixioso ilustrado galego
Pedro González de Ulloa, nado en Xocín (Porqueira) en 1714 e finado en Covelas (Os Blancos), en 1790, foi un relixioso ilustrado galego do século XVIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1714 ![]() Xocín, España ![]() |
Morte | 1790 ![]() Covelas, España ![]() |
Abade | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFoi abade das parroquias de Perrelos, Chamosiños e finalmente de Covelas (concello dos Blancos), todas elas na Comarca da Limia.
Relacionouse epistolar e presencialmente con moitos dos grandes intelectuais do momento, como os Padres Flórez e Frei Martín Sarmiento ou cos ilustrados José Andrés Cornide Saavedra, Campomanes e Montiano. É o autor do libro Descripción de los Estados de la Casa de Monterrey (1777), un libro imprescindible para coñecer a historia e a vida no século XVIII na maior parte do sur da provincia de Ourense, daquela posesión da poderosa Casa de Monterrei.