Zacarías, pai de Xoán Bautista

pai de Xoán Bautista


San Zacarías (זכריה en hebreo, Ζαχαρίας en grego) é un santo que aparece mencionado na Biblia e no Corán. Na Biblia é un sacerdote da familia de Arón e o pai de San Xoán Bautista. Estaba casado con Santa Sabela, quen era parente da Virxe María.

Infotaula de personaZacarías
Biografía
Nacementoséculo I a. C. Editar o valor em Wikidata
Hebrom (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morteséculo I Editar o valor em Wikidata
Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónMonoteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa5 de setembro Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaAharón, Cohen (pt) Traducir e Tribo de Levi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSabela, nai de Xoán Bautista
FillosXoán o Bautista Editar o valor em Wikidata

Descrición bíblica editar

De acordo co Evanxeo de Lucas, durante o reinado de Herodes o Grande, había un sacerdote chamado Zacarías, da casa de Abías, cuxa muller, Sabela, era tamén da familia de Arón. O catro evanxelistas din que ambos os pais eran "rectos ante Deus", e non cometían ningunha falta á hora de observar os mandamentos e ordes de Deus. Zacarías non tiña fillos porque Isabel era estéril e ambos eran de idade avanzada (Lucas 1:5-7).

Os deberes no Templo de Xerusalén alternábanse entre cada unha das liñas familiares descendentes dos designados polo rei David (Crónicas 24:1-19).[1]

O Evanxeo de Lucas di que, mentres Zacarías atopábase no altar, aparecéuselle un anxo que lle anunciou que a súa esposa daría a luz a un fillo, ao que debería chamar Xoán, e que este fillo sería seguidor de Deus.(Lucas 1:12-17). Zacarías mencionou a avanzada idade da súa muller e preguntoulle incrédulo ao anxo por un sinal que lle garantise a profecía. En resposta, o anxo identificouse como Gabriel, e dixo que fora enviado especialmente por Deus para facer o seu anuncio, e engadiu que por mor da súa dúbida quedaría mudo até o día en que se cumprise a profecía. En consecuencia, cando saíu do templo foi incapaz de pronunciar a súa bendición aos fregueses que había nos patios exteriores do templo (Lucas 1:18-29).

Tras regresar á súa casa, en Hebrón, a súa esposa Sabela quedou encinta. Despois de que Sabela completase o seu quinto mes de embarazo, a súa parente María foi visitada polo mesmo anxo, Gabriel. María foi cuberta polo espírito santo e, aínda que seguía sendo virxe, quedou embarazada de Xesús. Entón, María foi visitar a súa parente Sabela, porque o anxo dixéralle que ela estaba no seu sexto mes de embarazo. María regresou ao seu fogar tres meses despois.

Sabela deu a luz e, ao oitavo día, levaron ao bebé a ser circuncidado, tal e como esixían as normas relixiosas. Os seus veciños e parentes asumiran que o fillo se chamaría como o seu pai, seguindo o costume. Sabela, no entanto, insistiu en que o seu nome fose Xoán, polo que a familia preguntou ao seu marido. Entón, Zacarías escribiu nunha táboa "O seu nome é Xoán" e, a continuación, recuperou a fala e bendiciu ao Señor Deus de Israel cunha profecía coñecida por algúns como Benedictus (Lucas 1:57-79). O fillo creceu e "fortaleceu o seu espírito", pero retirouse aos desertos de Xudea ata que asumiu o seu ministerio relixioso, gañando o nome de Xoán Bautista.

Notas editar